Bases da convocatoria de subvencións a entidades de carácter educativo ano 2019

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse no BOP as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións ás entidades de carácter educativo, sen ánimo de lucro, polas actividades realizadas durante o ano 2019. 

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou promovidas por centros educativos públicos de ensino non universitario e as súas respectivas asociacións de nais e pais, pola realización de actividades de carácter educativo no ano 2019, con cargo á partida 320/480.00 do orzamento de 2019, por un importe total de 13.000 euros, dos cales corresponden 6.000 euros para os centros educativos e os restantes 7.000 euros para as ANPAS.

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da formación educativa do alumnado dos centros educativos públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do noso concello.

BENEFICIARIOS/AS.

Os centros públicos de ensino non universitario e asociacións de pais e nais, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello de Teo e inscritas no Censo de Asociacións do Concello de Teo. Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES.

As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:

a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2.º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparacións menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2019.

b) Gastos ocasionados pola organización de actividades durante o ano 2019 dentro do territorio municipal ou fora do concello no caso de saídas de carácter didáctico.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 30 días naturais, contados dende o día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 4 de xuño e remata o 3 de xullo de 2019. 

Consulta as bases completas da convocatoria premendo aquí