Anuncio de contratación laboral temporal dun/ha técnico/a de turismo

Data presentación
Data presentación fin

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dun/dunha técnico de turismo para o Concello de Teo. Parte da contratación está subvencionada, cunha contía de 16.632€, pola Deputación Provincial de A Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido aos Concellos e agrupacións de Concellos da Provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2017, publicada no BOP nº32 do 15 de febreiro de 2017.

O contrato efectuarase a tempo completo, terá unha duración de seis meses, e a modalidade será a dun contrato temporal eventual por circunstancias da produción (mod.402).

A persoa seleccionada incorporarase na área de Turismo, dependente da Concellaría de Turismo, Transporte, Comercio e Emprego do Concello.

Para participar no presente concurso-oposición os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), para os nacionais doutros Estados. Así, segundo o artigo citado:

- Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario en igualdade de condicións que os españois ós empregos públicos, con excepción de aqueles que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou nas funcións que teñen por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado ou das Administracións Públicas (art. 57.1)

- As previsións do apartado anterior serán de aplicación, calquera que sexa a súa nacionalidade, ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e ós seus descendentes e ós do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes.

- O acceso o emprego público como persoal funcionario, estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 deste artigo.

- Os estranxeiros ós que se refiren os apartados anteriores, así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 

d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

e) Posuír, como mínimo, o carné de conducir tipo B1.

f) Atendendo ao establecido no apartado 3 das bases de convocatoria do Programa DP0029/2017, as persoas a contratar deberán estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

1.- Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.

2.- Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.

3.- Grao ou diplomado en Turismo ou equivalente homologado.

4.- Grao ou licenciatura en Historia da Arte.

5.- Grao ou licenciatura en Humanidades.

6.- Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.

7.- Grao ou licenciatura en Historia.

g) Estar en posesión do CELGA 4 ou dun título equivalente ou superior. Se a persoa proposta para a contratación non cumpre este requisito, terá que superar unha proba oral e escrita de coñecemento do nivel de Galego esixido.

Terceira.- Presentación de solicitudes.

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina Web do Concello:www.teo.gal , no taboleiro de anuncios, nas redes sociais que xestiona e no BOP.

As e os aspirantes interesados no posto de traballo terán que presentar unha instancia (Anexo II),  dirixida ao sr. alcalde, dentro do prazo de dez días (a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP), no Rexistro Xeral do Concello de Teo en horario de 9:00 a 14:00 horas (de 9:00 a 13:00 o sábado) ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común de las Administracións Públicas, (neste caso, os/as aspirantes deberán comunicalo mediante fax (981809401) ou mail (alcaldia@teo.gal), durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. O anuncio publicouse no BOP o 19 de maio de 2017 polo que o prazo de presentación de instancias está aberto do 22 de maio ao 5 de xuño (ambos incluídos).

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación, en orixinal ou copia debidamente cotexada:

- Fotocopia compulsada do documento de identidade (DNI, NIE, Pasaporte).

- Documentación esixida na base segunda.

- Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou minusvalía que impida exerce-la función propia a desenvolver (Anexo III).

- Carné de conducir tipo B.

- Méritos: En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados e xustificados debidamente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

Consulta as bases completas da convocatoria de contratación dun/ha técnico/a de turismo premendo aquí

Publicado en teo.gal o 19 de maio de 2017