Adxudicación definitiva das hortas urbanas de Campos de Mirabel e novas adxudicacións da listaxe de agarda

Data presentación
Data presentación fin

Publícase adxudicación da parcela 7 das Hortas de Campos de Mirabel a Jacobo Botas Díaz (publicada o 30/04/2019).

Resolución da adxudicación da parcela 7

 

Publícase a extinción da adxudicación da parcela número 7 de hortas de Mirabel e activación da listaxe de agarda da dita horta, co cal se require Jacobo Botas Díaz para que achegue a documentación requirida (publicada o 29/04/2019).

Resolución da activación da listaxe de agarda

 

 

Publícase a resolución de adxudicación das parcelas da Horta Urbana de Campos de Mirabel, de acordo co resultado do sorteo celebrado o 20 de decembro. Establécese tamén unha lista de agarda. Así mesmo requírese ás persoas adxudicatarias para que acudan á Casa Consistorial a asinar a actade inicio do uso da parcela, establecéndose un prazo de 15 días, a contar dende o seguinte ao da notificación da presente resolución.

Consulta aquí a resolución de adxudicación das parcelas da Horta Urbana de Campos de Mirabel

Publicado en teo.gal o 16 de xaneiro de 2019

Publícase o resultado do sorteo realizado para a adxudicación das hortas urbanas de Campos de Mirabel.
O 20 de decembro de 2018 realizouse o sorteo público para adxudicación das hortas urbanas de Campos de Mirabel,e, de acordo co disposto na cláusula 9 dos Pregos que rexeron a convocatoria, publícase a proposta de adxudicación que segue na
web e no taboleiro de anuncios do concello, a efectos de reclamacións, polo prazo de dez (10) días hábiles.

Consulta aquí o resultado do sorteo

O prazo de reclamacións remata o 7 de xaneiro de 2019.

Publicado en teo.gal o 20 de decembro de 2018

Unha vez rematado o prazo de exposición pública da lista provisional de persoas admitidase excluídas para a adxudicación das hortas urbanas en Campos de Mirabel, a comisión de seguemento das hortas urrbanas municipais, en sesión celebrada o 14/12/18, elevou a definitiva a lista de persoas admitidas e excluídas inicialmente.

Consulta aquí a lista definitiva

Así mesmo, fixouse a data do sorteo público para o vindeiro xoves 20 de decembro de 2018, ás 11:00 horas, no salón de plenos da Casa Consistorial.

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2018

A comisión de seguemento das hortas urbanas municipais, en sesión celebrada o 23/11/2018, unha vez revisada a documentación presentada para a adxudicacióin das hortas urbanas situadas na rúa Cernadelo da Urbanización Campos de Mirabel, de acordo co previsto no Prego de cláusulas que rexen a adxudicación, fai pública a seguinte lista de persoas admitidas e excluídas.

Consulta aquí a lista

De acordo co previsto nos Pregos, concédese un prazo de 10 días hábiles, cotados a partir do seguinte ao da publicación da presente lista no taboleiro de anuncios e na web municipal, a efectos de reclamacións. O prazo remata o 10 de decembro de 2018.

Publicado en teo.gal o 23 de novembro de 2018

O Concello publica a convocatoria de concesión de parcelas de hortas urbanas de Campos de Mirabel, en Calo-Teo.

Consulta aquí a resolución da alcaldía pola que se aproba a citada convocatoria e os pregos que a rexerán

Consulta aquí os pregos completos

O obxecto do presente prego de condicións é regular o procedemento de adxudicación e o contido da concesión para o uso privativo das parcelas urbanas habilitadas para hortas urbanas municipais, de acordo co establecido no Regulamento de funcionamento de hortas urbanas municipais do concello de Teo, publicado no BOP da Coruña de 20/05/2014 (en diante Regulamento).

A horta urbana municipal de Campos de Mirabel, que ten unha superficie total de 839 m2, está situada na parroquia de Calo, na rúa Cernadelo, 13 da Urbanización Campos de Mirabel e distribúese en 12 parcelas. Das 12 parcelas que forman a horta urbana, resérvanse 3 para atender a situacións de emerxencia social e 3 para persoas maiores de 65 anos, de acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento, quedando un total de 6 parcelas, para a adxudicar ao resto dos/as veciños/as de Teo.

As parcelas que constitúen a horta urbana municipal, cédense en precario, por período máximo de un ano, e seguirán sendo de titularidade e propiedade do concello de Teo.

Capacidade, requisitos e limitacións para ser titular das concesións.

Están capacitadas para presentar solicitudes de participación neste procedemento de adxudicación única e exclusivamente as persoas físicas que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en ningunha das circunstancias recollidas na Lei 9/2017, de Contratos do sector público como prohibitivas para contratar, e cumpran coas limitacións e requisitos que se establecen no presente Prego e no Regulamento de funcionamento das hortas urbanas municipais do concello de Teo e demais que, no seu caso, resulten aplicables.

De acordo co previsto no art. 94 da Lei 33/2003, de patrimonio das Administracións Públicas, cando, posteriormente ao outorgamento da concesión, a persoa titular incorra nalgunha das prohibicións de contratar sinaladas, producirase a extinción da concesión.

Co obxecto de evitar posibles especulacións dos bens municipais, os/as usuarios/as das parcelas deberán cumprir as seguintes condicións:

1- Non poderán ser concesionarias das hortas municipais as persoas xurídicas.

2- Non se poderán conceder a unha mesma persoa, nin a unha unidade familiar, máis de unha parcela.

3- Só poderán solicitar ser concesionarias das hortas as persoas que estean empadroadas no concello de Teo.

O concello de Teo verificará si se cumpren os condicionantes, requisitos e limitacións establecidas no Regulamento. O non cumprimento destes determinará a exclusión do procedemento. O concello de Teo poderá recadar información de calquera solicitante en relación a algún dos extremos que sexa necesario para participar neste procedemento.

Lugar e prazo de presentación.‑ As solicitudes para ser adxudicatario/a das parcelas presentaranse por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas, durante o prazo de 15 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello de Teo. O prazo será dende o 25 de outubro ao 15 de novembro de 2018.

As solicitudes que se recibiran fóra do prazo fixado nestes pregos non serán admitidas, agás o previsto no parágrafo seguinte para as solicitudes remitidas por correo.

Para as solicitudes presentadas por correo, a persoa interesada deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar á alcaldía a remisión da solicitude, mediante FAX ao número 981809401 ou por email ao enderezo secretaria@teo.gal, dentro do mesmo día. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a solicitude no caso de que se recibira con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste apartado anterior.

A solicitude presentaranse no modelo normalizado de instancia (Anexo I), asinada pola persoa interesada, e debidamente cumprimentada, na que constará o nome e apelidos, domicilio a efectos de notificacións, e número de teléfono.

Xunto á solicitude achegarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia cotexada do DNI ou do documento que legalmente o substitúa

  • Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social.

  • Declaración xurada de compromiso de coidado e mantemento da horta.

  • Se é o caso, informe dos servizos sociais do Concello de Teo

  • Declaración xurada de que a persoa solicitante e/ou os membros da unidade familiar que vaian a cultivar a horta poden realizar tarefas agrícolas sen risco para a súa saúde. No caso de que existan dubidas sobre este extremo, a comisión técnica poderá solicitar a presentación dun informe médico onde se indique tal competencia.

  • Calquera documento que se estime oportuno para acreditar as circunstancias especiais que xustifiquen a autorización de uso de hortas sostibles

O concello comprobará de oficio o empadroamento e a ausencia de infraccións e débedas tributarias municipais.