ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CONCELLO DE TEO

Data presentación
Data presentación fin

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 26 de setembro de 2017 formalizouse o contrato para a prestación do servizoACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CONCELLO DE TEO entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicouse no Perfil de Contratante o día 1 de febreiro de 2018.


ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 14 de setembro de 2017 adxudicouse o contrato para a a prestación do servizo "ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CONCELLO DE TEO" á entidade "FUNDACIÓN USC DEPORTIVA" con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 84.700,00por curso escolar, IVE engadido (70.000,00€, máis 14.700,00€ de IVE por curso escolar).

 

Fixouse o prazo de execución do contrato en 2 cursos escolares, iniciándose a prestación do servizo o 01/10/2017 e rematando o 30/06/2019, sen posibilidade de prórroga.

 

 

 

A mesa de contratación acordou reunirse o próximo día 29 de agosto de 2017, fixando para as 10:00 horas do mesmo día a apertura dos sobres C "Proposición económica e documentación avaliable de forma automática" en acto de carácter público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do contratante o día 18 de agosto de 2017.

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:

Presidente: O alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.

Vogais:

-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.

-Mónica Lado Varela, interventora do Concello.

-Jorge Juan Carballido Salgado, concelleiro delegado de deportes.

-María Dolores Nariño Facal, concelleira do grupo municipal do PP.

Secretaria:

Sandra García Chenlo, adxunta a secretaría do concello.

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: o presidente polo membro da corporación que legalmente o substitúa; a secretaria xeral e a interventora do concello polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; o concelleiro de deportes por D.ª Concepción García Vázquez, concelleira de turismo, transporte, comercio e emprego; o/a concelleiro/a do grupo municipal do PP, por D. Ignacio Arroyo Font, concelleiro do mesmo grupo municipal e a secretaria da mesa, pola administrativa adscrita ao departamento de secretaría, M.ª Elena Méndez Buela

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 10 de agosto, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

A apertura do sobre B “Documentación técnica” efectuarase o día 16 de agosto, ás 12:00 horas en acto público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do Contratante o día 2 de agosto de 2017

 

Por Resolución da Alcaldía do 30 de xuño de 2017 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de  valoración, para a adxudicación do servizo de ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CONCELLO DE TEO,  de acordo coas seguintes características:

 

 1.–Entidade adxudicadora

a) Organismo: Concello de Teo

 b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral

 c) Número de expediente: 2017/S-6

 

2.–Obxecto do contrato e duración:

a) Tipo de contrato: Contrato de servizos

b) Descrición do obxecto: Servizo de actividades deportivas no Concello de Teo, Código CPV – 92600000-7

c) Duración do contrato: dous anos escolares, iniciándose a prestación do servizo o 01/10/2017 e remata o 30/06/2019, sen posibilidade de prórroga.

 

 3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

 a) Tramitación: ordinaria

 b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración

 

4.–Tipo de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 162.000,00€

b) Prezo base de licitación: 98.010,00€ curso escolar, IVE engadido (81.000,00€ curso escolar, sen IVE, máis 17.010,00€ de IVE)

 

5.– Clasificación e acreditación da solvencia:

a) Clasificación: Non se esixe

b) Acreditación da solvencia económica e  financieira e a solvencia técnica: A solvencia económica e  financieira e a solvencia técnica acreditaranse de acordo co establecido no apartado C) da cláusula 7 do Prego de cláusulas administrativas

 

6.- Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación

 

 7.–Obtención de documentación. Concello de Teo-Secretaría Xeral. Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401. Páxina web do Perfil de contratante: www.teo.gal

 

8.– Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello (Travesía da Ramallosa, 38 – Lucí-Teo), de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte  a aquel no que se publique o último anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia e Perfil do contratante.

b) Documentación a presentar:

.A documentación presentarase en sobres pechados e asinados polo licitador:

- Sobre “A”, subtitulado “Documentación administrativa”: conterá a documentación esixida na cláusula 8.2 do Prego de cláusulas administrativas.

- Sobre “B”, subtitulado “Documentación técnica”, incluirá proxecto técnico( no que se describa a forma de prestación do servizo, e que deberá adaptarse ás especificacións establecidas no Prego de prescricións técnicas), e demais documentación  esixida na cláusula 8.2 do Prego de cláusulas administrativas.

- Sobre “C”, subtitulado “Proposición económica”. Este sobre conterá a proposición económica conforme ao modelo que figura na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas.

 

9.- Criterios de valoración:

De acordo co establecido na cláusula 10 do Prego de clausulas administrativas, os criterios de valoración das proposicións serán os seguintes:

a) Proposición económica: ata un máximo de 60 puntos

b) Proxecto técnico de prestación do servizo: ata un máximo de 40 puntos

 

10.– Apertura de proposicións:

O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil de Contratante do Concello de Teo

 

11.– Máis información:

 Secretaría Xeral do Concello de Teo ou no Perfil de Contratante (www.teo.gal).

 

12.– Pregos

Son de aplicación os Pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas aprobados pola Resolución da Alcaldía de data 30/06/17

 

Teo, 3 de xullo de 2017

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

Publicouse no BOP nº 127 do 6 de xullo de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día