ACORDOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DA PRAZA DE OPERARIO/A DE REDES PARA AUGAS DE TEO, EN RELACIÓN COA ALEGACIÓN PRESENTADA

Publícanse os acordos do tribunal cualificador da praza de operario/a de redes para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo, en relación coa alegación presentada por D. Manuel García Rey.

- Consulte aquí o documento.

Publicado en teo.gal o 22 de xuño de 2016. 

 

Publicacións previas: 

Publícanse os resultados da realización do segundo exercicio (práctico) para a contratación dun/ha operario/a de redes para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo, proposta de contratación e lista de agarda. 

Consulta aquí o documento

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2016

 

Publícase o resultado do primeiro exercicio (tipo test) da fase de oposición para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral tempora, contrato de interinidade, dun/ha operario/a de redes para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo. 

Consulta aquí o resultado do primeiro exercicio

Os aspirantes que superaron este exercicio cun mínimo de 5 puntos quedan convocados para a celebración do segundo exercicio (proba práctica), o vindeiro venres 27 de maio de 2016 na nave de obras e servizos do Concello de Teo (Lucí). 

O chamamento realizarase por orde alfabética, do seguinte xeito: 

  • Ás 09:30 h. de Baluja Prieto, José a Ferro Sánchez, Miguel Ángel.

     

  • Ás 11:30 h. de García Rey, Manuel a Vázquez Bascoy, José Ignacio. 

     

Publícase a plantilla do primeiro exercicio (tipo test) no proceso de selección, polo sistema de concurso oposición, de persoal laboral temporal, contrado de interinidade, dun/ha operario de redes para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello. 

Consulta aquí a plantilla

Publicado en teo.gal o 23 de maio de 2016

 

 

 

Publícase a listaxe definitiva de valoración de méritos dos aspirantes para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrado de interinidade, dun/ha operario de redes para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello. 

Consulta aquí a listaxe definitiva de valoración de méritos

Así mesmo, recórdaselle aos aspirantes que, de acordo co previsto nas bases, a celebración do primeiro exercicio (tipo test) celebrarase ás 13:00 horas do venres 20 de maio de 2016, no local social da Ramallosa (Rúa da Lagoa, 2)

Publicado en teo.gal o 10 de maio de 2016

 

Publícanse os resultados da valoración de méritos realizada polo tribunal cualificador, para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun/ha operario/a de redes para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

Consulta aquí os resultados da valoración de méritos

Os/as aspirantes dispoñen de 5 días hábiles para posibles reclamacións. O prazo remata o 4 de maio. 

De acordo co previsto nas bases, convócase aos aspirantes á celebración do primeiro exercicio (tipo test) ás 13:00 horas do venres 20 de maio de 2016, no local social da Ramallosa (Rúa da Lagoa, 2). 

Os/as aspirantes deberán vir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. 

Publicado en teo.gal o 28 de abril de 2016