Abre o prazo para solicitar praza de NOVO INGRESO nas escolas infantís municipais

Data presentación
Data presentación fin

O Concello de Teo abre o prazo para a solicitude de praza nas Escolas Infantís Municipais dos Tilos, Calo e A Ramallosa para o vindeiro curso 2019-2020. O número total de prazas ofertadas por escola é o seguinte: na EIM dos Tilos 38, na EIM de Calo 51 e na EIM da Ramallosa 66 prazas. En cada escola resérvanse tres prazas para emerxencias sociais.

O prazo para as solicitudes de novo ingreso dirixido aos nenos/as que non asisten a ningún dos centros está aberto do 18 de marzo ao 1 de abril (ambos incluídos). Os impresos de solicitude pódense recoller no departamento de Benestar, nas oficinas municipais ou premendo aquí.

Para obter praza de novo ingreso o/a neno/a ten que nacer antes do 31 de xuño.

Para calquera cuestión que xurda sobre a solicitude de praza nas Escolas Infantís Municipais pódese acudir ao Departamento de Benestar, chamar ao teléfono: 881.819.356 ou escribir ao seguinte correo electrónico: eimteo@teo.gal.