Abre o prazo para presentar solicitudes no proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario/a de servizos múltiples

Data presentación
Data presentación fin

NOTA ACLARATORIA SOBRE A TITULACIÓN ESIXIDA PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO: 

De conformidade co previsto no artigo 3 da Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharel regulados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación:

Son equivalentes ao título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, aos únicos efectos de acceso a empregos públicos e privados, os títulos de Bacharel Elemental derivados dos plans de estudos anteriores á Lei 14/1970, do 4 de agosto, ou na súa falta, a superación de:
a) Catro cursos completos de Bacharelato por calquera dos plans de estudos anteriores á Lei 14/1970, do 4 de agosto, sen probas de conxunto ou sen reválida,
b) Cinco anos completos de Bacharelato Técnico ou Laboral, sen probas de conxunto ou sen reválida,
c) Catro cursos completos de Humanidades da carreira eclesiástica.

Igualmente, o Certificado de Estudos Primarios derivado da Lei 17/07/1945 de Educación Primaria e da Lei 21/12/1965 de Reforma da Educación Primaria, será equivalente aos únicos efectos de acceso a empregos públicos e privados, ao título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

O BOE número 4 do 4 de xaneiro de 2020 publica a convocatoria de dúas prazas de operario de servizos múltiples do cadro de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso é de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación. Neste caso, que a publicación foi o 4 de xaneiro, o seguinte día hábil é o 7 de xaneiro. En consecuencia, o prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 7 de xaneiro ao 3 de febreiro, ambos os dous incluídos.

As bases completas que regulan a convocatoria podes consultalas premendo aquí

Descarga aquí o modelo se solicitude para participar no proceso selectivo

O anuncio desta convocatoria publicouse no BOP número 235 do 11 de decembro e no DOG número 246 do 27 de decembro de 2019. 

Publicado en teo.gal o 7 de xaneiro de 2020. 

Publícase no BOP número 235 do 11 de decembro o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario/a de servizos múltiples correspondentes ás ofertas de emprego público dos anos 2016 e 2017. 

A resolución da Alcaldía nº 974/2019 do Concello de Teo de data 2 de decembro de 2019 aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario/a de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso – oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello. 

As bases reguladoras que rexerán a convocatoria podes consultalas premendo aquí

Publicado en teo.gal o 11 de decembro de 2019.