A Concellaría de Deportes oferta novas disciplinas nas escolas deportivas para adultos para este curso:
- Defensa persoal: será os sábados de 12:30 a 14:00 horas no pavillón de Calo.
- Tai Chi: será os luns e xoves de 19:30 a 20:30 horas no pavillón de Calo.
O custe será de 20 euros por trimestre.
Inscrición: As persoas interesadas en anotarse poden presentar a ficha de inscrición na Sede electrónica ou no Rexistro do Concello ata o 14 de xaneiro. A ficha pode descargarse aquí o recoller nas oficinas municipais.
En caso de que haxa máis solicitudes ca praza farase un sorte público xa que os grupos deben ser reducidos polas imposicións da covid-19.
A previsión é que a actividade se faga dende o 18 de xaneiro ao 15 de xuño.
Máis información en Deportes, no 881978433 ou no correo-e deportes@teo.gal
Descarga aquí a ficha de inscrición para os novos cursos.
O Concello resérvase o dereito a modificar ou suspender estas actividades en función da evolución da crise sanitaria.