Abre o prazo par solicitudes de novo ingreso nas Escolas Infantís Municipais

Data presentación
Data presentación fin

O Concello de Teo abre o prazo para solicitar praza de novo ingreso nas escolas infantís municipais de Tilos, Calo e A Ramallosa. Este prazo está aberto dende o 16 ao 31 de marzo.

Podes descarga o impreso de solicitude premendo aquí

O impreso tamén se pode recoller nas oficinas municipais. 

 

Dende o Departamento de Benestar, que xestiona esta convocatoria, estímase que ó redor do 25 de abril se publicarán as listaxes provisionais de admisión, mentras que as listaxes definitivas calcúlase que se darán a coñecer sobre o 12 de maio.

O prazo de matrícula das persoas que obteñan praza farase dende o 1 ao 15 de xuño. 

Para ampliar información sobre este proceso poden achegarse aos servizos sociais  municipais en horario de 08:00 a 12:00 horas. 

Dirixido:

Nesta convocatoria é posible solicitar praza para nenos/as non nados/as cando a data estimada de parto sexa anterior ao día 1 de xuño. 

Documentación:

Xunto coas solicitudes de novo ingreso debe achegarse documentación identificativa e declaración da renda, engadindo outra xustificativa de situacións puntuables no baremo de acceso como condición de familia numerosa, a discapacidade dalgúnmembro ou a monoparentalidade.

Lugar de solicitude:

As solicitudes de acceso deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo oficial.

Prazo:

O prazo de presentación das solicitudes de novo ingreso esta aberto dende o 16 de marzo ata o 31 de marzo de 2017.