Uso dos Pavillóns Deportivos Municipais

pavillóns municipais

Uso dos Pavillóns Deportivos Municipais

ramallosa 11

Lucí

 

USO DOS PAVILLÓNS DEPORTIVOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO

 

O Departamento de Deportes do Concello de Teo persegue, mediante a xestión dos pavillóns deportivos municipais, un uso racional e ordenado dos mesmos garantindo á cidadanía o seu uso en condicións de igualdade.

Así mesmo, este Departamento persegue coordinar as actividades deportivas que se realizan nas súas instalacións, tanto sexan promovidas pola institución municipal, polas entidades deportivas ou por particulares.

Para levar a cabo a xestión dos pavillóns o Concello dispón dun regulamento de uso das instalacións. Para realizar unha solicitude debe entregarse no Rexistro de Entrada do Concello. Unha vez aprobada esta e autorizado o uso da instalación deberase  pagar a taxa correspondente segundo a ordenanza vixente, mediante este formulario de pago e entregar copia do mesmo no Departamento de Deportes do Concello ou envialo por email a deportes@teo.gal.

O Concello de Teo conta con tres pavillóns deportivos municipais:

  1. Pavillón Ezequiel Mosquera da Ramallosa, sito na Travesía da Ramallosa 11, Lucí e equipado para a práctica deportiva  do fútbol sala e do baloncesto.

  2. Pavillón deportivo municipal de Calo, sito no lugar de Fixó 45, Calo e equipado para a práctica deportiva  do fútbol sala, baloncesto e tenis.

  3. Pavillón deportivo municipal dos Tilos, sito na rúa Ameneiro 16, Os Tilos e equipado para a práctica deportiva de fútbol sala, baloncesto e tenis.


 

Máis servizos do Concello de Teo