
Actividades deportivas
Ramallosa 38
Teo
O servizo de Deportes do Concello de Teo xestiona as actividades para adultos e as escolas deportivas para nenos/as co obxectivo de fomentar a práctica deportiva no concello como un hábito de vida saudable en todas as franxas de idades.
As Escolas Deportivas propoñen as seguintes actividades para nenos e nenas cunha variada oferta: patín, baile kids, padel, xadrez, bicitrial, judo, taekwondo, tenis, minitenis, tiro con arco, karate, esgrima, ciclismo, billar, rugby e fútbol americano, baloncesto, béisbol, bádminton, atletismo e psicomotricidade.
As Actividades Deportivas de Adultos están compostas por actividades de ximnasia, móvete con ritmo, reláxate, tenis e tiro con arco.
A inscrición en todas estas actividades deportivas lévase a cabo na primeira quincena de setembro e o custo é de 60 euros anuais (podéndose fraccionar en tres pagos). Nas actividades/escolas nas cales existan prazas vacantes pódese realizar a solicitude unha vez iniciado o curso.
Información sobre as actividades deportivas para adultos/as
Descarga aquí a ficha de inscrición nas actividades para adultos/as
Información sobre as actividades deportivas para nenos/as
Descarga aquí a ficha de inscrición nas actividades para nenos/as
Departamento de Deportes Concello de Teo
Travesía da Ramallosa 38, Lucí
15883 Teo
Tfno.: 981 815 700
deportes@teo.gal