Rafael Sisto Edreira

Rafael Carlos Sisto Edreira
1436363925rafa.pdf1023.45 KB" class="field--item">
Declaración bens
nominarafa.pdf79.06 KB" class="field--item">
Nómina

Rafael C. Sisto Edreira naceu en Luou no ano 1963 onde vive coa súa familia, a súa muller Raquel e os seus fillos Baia e Teo. É licenciado en Química pola USC e é profesor de secundaria da materia de Física e Química.

Comezou na política nunha candidatura ao claustro constituínte da Universidade no ano 1983 desempeñando un importante papel nos Comités Abertos da Facultade (CAF). Militou no BNG e actualmente en Anova.

No ámbito local foi concelleiro na oposición polo BNG entre o 2003 e o 2007. Dende o 2007 foi tenente alcalde e concelleiro de Urbaniso e Infraestruturas ata que no 2015 chega á alcaldía cando a candidatura de Son de Teo-Anova que lideraba é a máis votada