A concellería de Urbanismo inclúe temas fundamentais para o desenrolo socioeconómico de Teo, como o Plan Xeral, as obras de urbanización, pero ademais, é de forma novidosa, a sostenibilidade.

Nos próximos anos, pretendemos que o desenrolo urbanístico desde Concello vaia unido a un concepto fundamental como é o Teo Sostible. Mobilidade, aforro enerxético, loita contra a pobreza enerxética, eficiencia na recollida do lixo, fomento da compostaxe, etc.: un conxunto de medidas para que Teo teña un modelo propio de crecemento sostible desde un punto de vista urbanístico.

O desenrolo e revisión do PXOM aprobado no ano 2010, a fin de adecualo ás novas circunstancias socioeconómicas do concello, aparece así mesmo como un eixe básico da acción desta Concellería.

Todas estas liñas de acción serán executadas, contando coa maior participación cidadá posible, a fin de que o urbanismo sostible teense sexa un proxecto non só institucional, senón fundamentalmente civil.

Podes consultar aquí o planeamento urbanístico do Concello, o PXOM aprobado no 2010.

Contacto: uxialemus@teo.gal

Uxía Lemus de la Iglesia

Uxía Lemus

Uxía Lemus de la Iglesia (A Coruña, 1976), é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e Doutora en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde o ano 2007, é funcionaria da Administración local, no servizo de Urbanismo do concello de Oroso.
É militante do PSdeG-PSOE desde o ano 2009 e Secretaria Xeral da Agrupación socialista de Teo desde o ano 2011. É responsable de Urbanismo da executiva provincial socialista desde o ano 2014.