A Concellaría de Servizos Básicos e Mocidade ten competencias en temas de mantemento de zonas comunitarias, infraestruturas...

En canto á área de Servizos Básicos, durante esta lexislatura encargarase do mantemento de estradas e vías de comunicación tanto do seu firme coma dos desbroces de gabias e masas comúns; o mantemento e creación de áreas de xogo e o mantemento de parques e xardíns. Tamén vixiará o bo funcionamento da iluminación pública e o ordenamento e mantemento do mobiliario urbano. Entre as responsabilidades desta concellaría está a xestión das brigadas de obras e de parques e xardíns.

Contacto: xurxofrancos@teo.gal