Dende a área de mobilidade mantemos o compromiso co transporte público. Será prioridade desta área a mellora das comunicacións internas que permitan unha maior autonomía das veciñas e veciños. Así mesmo, promocionarase o uso, mantemento e mellora das comunicacións cos territorios da contorna do concello.

Recursos: TeoBus, Taxis

As delegacións de comercio, turismo e emprego forman unha grande área onde a promoción económica e o desenvolvemento local son os seus obxectivos. Promoción das pemes e iniciativas de negocio do concello, formación e orientación laboral e a promoción dos valores culturais, naturais e patrimoniais en xeral son as liñas de acción desta grande área.

Recursos: Orientación laboral, Mercado do Alimento Labrego de Teo, Artesanía, Mercado de Cacheiras, Comercio Local, Batalla de Cacheiras, Entroido do Ulla, Feira Cabalar do San Martiño, TapTeo...

A área de Igualdade ten como obxectivo mobilizar a sociedade de Teo cara actitudes que garantan a igualdade nos dereitos e no trato entre homes e mulleres, e ao mesmo tempo que sexan o mellor recurso contra a violencia contra das mulleres e conseguir un Teo libre de violencias

Recursos: CIM, Plan de Igualdade, campañas de fomento da igualdade.

Contacto: marialopez@teo.gal

María López Álvarez

María López

María López (Boal, 1982). Licenciada en Bioloxía (USC 2000-2005) de formación e docente de vocación, é funcionaria de Educación dende o ano 2010, atópase actualmente en activo.

Activista social, especialmente vinculada ao ecoloxismo, foi responsable local por Compostela da Asociación ecoloxista Verdegaia (2008-2010).

Militante de SONdeTEO dende o 2019, actualmente é a responsable de organización do dito partido.