A Concellaría de Lingua ten como obxectivo a normalización da lingua galega tanto a nivel institucional como da poboación do Concello: persoas, entidades asociativas ou empresariais.
Garantir a calidade lingüística no uso interno a través da documentación escrita, a competencia do persoal e a permanente detección de necesidades para a mellora, como un modelo que queremos que a sociedade teense teña como referente.
A retroalimentación cos diferentes entes sociais é, en troques, o verdadeiro motor da Concellaría, que a través de programas que conseguen unha relación directa moi enriquecedora, o cal entendemos é o piar da normalización. Fomentar o emprego da lingua (interxeneracionalmente), a posta en valor dos usos e variantes locais, a conservación e promoción da oralidade como patrimonio inmaterial e a mellora na competencia lingüística é o sentido da Concellaría.
Para acceder ao Servizo de normalización lingüística, dependente desta área, preme aquí. Nese espazo da web poderás informarte dalgúns dos programas que temos en marcha dende Lingua.
A Concellaría de Mocidade ten como prioridade atender ás necesidades da rapazada: accións formativas, actividades de ocio no termo municipal, promoción de intercambios culturais ou promoción dun transporte público que atenda a demanda da dispersión poboacional,
Artellar mecanismos para unha maior participación da mocidade na toma de decisións e a permanente escoita e interacción coas asociacións xuvenís do Concello, así como a comunicación co IES de Cacheiras son prioridade para canalizar as decisións políticas referentes á rapazada.
Contacto: iriaotero@teo.gal
Iria Otero Romero
