No organigrama de goberno 2015-2019, as infraestruturas teenses teñen un espazo fundamental, e así, significativamente, son unha concellería independente por primeira vez na historia da administración local teense.

Con financiamento tanto propio como supramunicipal, a Concellería establecerá unha serie de prioridades tanto de novas infraestruturas como no acondicionamento e mantemento das existentes.
Vías de comunicación, núcleos, sendas viarias, edificios municipais, saneamento, abastecemento, Teo debe dar un salto cara adiante tanto na planificación como na execución destes elementos fundamentais para a humanización e a comunicación veciñal.
De forma paralela á planificación urbanística, as infraestruturas serán, cada vez, máis obxecto da participación veciñal.

Roberto Moñino Gil

Roberto Moñino

Roberto Moñino Gil (Orihuela, 1948), é arquitecto técnico, con estudos cursados en Madrid. Apoderado dunha gran multinacional da construción ata a súa prexubilación. Cofundador e membro da xunta directiva de Teenses pola Igualdade e membro do Consello de Administración do Club Los Tilos SL.
É militante do PSdeG-PSOE desde o ano 2007 e Secretario de Política Municipal da Comisión Executiva Municipal da Agrupación Socialista de Teo.