Dende o goberno municipal, na área de Persoal e Réxime Interior, trabállase nunha RPT coa intención de tela aprobada no primeiro tramo do mandato. O deseño e aprobación desta ferramenta debe deixar unha estrutura municipal enfocada á prestación de servizos e á mellora da atención á cidadanía.
Sen dúbida un dos retos desta alcaldía será a posta en marcha do servizo de abastecemento e saneamento de auga cunha xestión directa do mesmo. Despois dun longo proceso administrativo a xestión volve a ser pública e dende o 2015 culminarase esta recuperación dun servizo esencial para a cidadanía. Un servizo que, dende a xestión pública, terá como único interese o colectivo e non precisará dun superávit económica para o enriquecemento das firmas comerciais.
Economía e Facenda son áreas de xestión primordiais nos que se debe seguir avanzando nunha corresponsabilidade fiscal máis xusta. Dende ese goberno queremos seguir no camino da mellora dos parámetros e na búsqueda do equilibrio económico sen esquecer que a boa saúde económica debe servir para manter e incrementar os servizos á cidadanía.
O medio natural e a súa posta en valor é outro dos eixos nos que se fixará a actividade municipal nos vindeiros anos.
Na comunicación tamén seguiremos avanzando con novas ferramentas nas que teña maior protagonismo a participación cidadá e o debate sen esquecer a difusión dos temas de interese por diferentes formatos.
Contacto: rafasisto@teo.gal
Rafael Sisto Edreira

Rafael C. Sisto Edreira naceu en Luou no ano 1963 onde vive coa súa familia, a súa muller Raquel e os seus fillos Baia e Teo. É licenciado en Química pola USC e é profesor de secundaria da materia de Física e Química.
Comezou na política nunha candidatura ao claustro constituínte da Universidade no ano 1983 desempeñando un importante papel nos Comités Abertos da Facultade (CAF). Militou no BNG e actualmente en Anova.