Deste departamento tamén depende a programación e promoción deportiva, a xestión das infraestruturas deportivas e a coordinación das entidades deportivas do Concello. xestionará os programas e políticas de xuventude e voluntariado xuvenil. Dentro da área de Deportes algúns dos servizos que se prestan son:
-
Programación de cursos e actividades deportivas e de exercicio físico saudable para todos os vecinos e veciñas
-
Xestión do uso de instalacións
-
Información sobre actividades, trámites e dispoñibilidade de uso das instalacións
-
Información e atención especializada ao deportista
-
Atención a clubs e asociacións
-
Servizo de reservas das instalacións deportivas
A Concellaría de Mocidade ten como prioridade atender ás necesidades da rapazada: accións formativas, actividades de ocio no termo municipal, promoción de intercambios culturais ou promoción dun transporte público que atenda a demanda da dispersión poboacional,
Artellar mecanismos para unha maior participación da mocidade na toma de decisións e a permanente escoita e interacción coas asociacións xuvenís do Concello, así como a comunicación co IES de Cacheiras son prioridade para canalizar as decisións políticas referentes á rapazada.
Rogelio Gómez Fernández (Gelucho)
FUNCIÓNS:
É o concelleiro delegado das áreas relacionadas con Deportes e Xuventude.
Correo electrónico: geluchogomez@teo.gal