O PLENO VOTARÁ AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS AOS ACORDOS APROBADOS PARA A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO MUNICIPAL DA AUGA
03-07-2015A corporación teense reúnese este luns 6 de xullo en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa.