AS PISCINAS MUNICIPAIS DOS TILOS E LUOU ABREN A MEDIADOS DO MES DE XUÑO
02-06-2015As piscinas municipais dos Tilos e Luou, que só funcionan na tempada de verán, abrirán o luns 15 de xuño e estarán abertas ata mediados de setembro. Como en anos anteriores a instalación dos Tilos terá horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16 a 21:00 horas todos os días mentras que a de Luou terá este mesmo horario os sábados, domingos e festivos e de luns a venres só abrirá pola tarde entre as 16:00 e as 21:00 horas.