O CLUB MOTOCICLISTA TEO ORGANIZA UNHA DAS PROBAS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL EN LAMPAI
19-06-2015O Club Motociclista Teo organiza unha das probas do Campionato de España de Trial en Lampai este domingo 21 de xuño. Neste mesma xornada tamén se realizarán as probas do Campionato Galego. O Concello de Teo colabora con esta iniciativa. Está previsto que o 21 se dean cita en Lampai máis de oitenta pilotos para disputar esta competición.