A COMPAÑÍA TANTATUTANGA TEATRO ESTREA NA RAMALLOSA O SEU ESPECTÁCULO "QUE DEUS NOS COLLA CONFESADOS. CABARÉ BÍBLICO"

11-02-2015
A compañía compostelá Tagatutanga Teatro estrea na Ramallosa este hoxe venres 11 de decembro, o seu novo espectáculo "Que Deus nos colla confesados. Cabaré Bíblico". A actuación será no Centro Sociocultural da Ramallosa ás 20:30 horas e a entrada é de balde.

O CONCELLO CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR TRES POSTOS PARA O SERVIZO MUNICIPAL AUGAS DE TEO

31-01-2015
O Concello convoca o proceso selectivo para cubrir tres postos para o servizo municipal Augas de Teo. Cubriranse polo sistema de concurso-oposición os seguintes postos de traballo: un/ha xefe/a de instalacións e redes, un/ha operario/a de redes e un/ha oficial electromecánica. As persoas que accedan serán persoal laboral e terán un contrato de interinidade. As bases completas da convocatoria pódense consultar premendo aquí

ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE TEO, BUSCA UN/HA TÉCNICO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL PARA TEO

31-01-2015
A organización Acción contra el Hambre, en colaboración co Concello de Teo, busca un/ha técnico/a de inclusión sociolaboral para Teo. O posto cos seus obxectivos e requisitos pódese consultar premendo aquí . O proceso de selección e a relación laboral establecerase con Acción contra el Hambre polo que as persoas interesadas teñen que cubrir o formulario on-line na seguinte dirección: https://employ.acf-e.org/