O CONCELLO MELLORA O FIRME DE VARIOS NÚCLEOS EN CACHEIRAS, CALO, LUOU, OZA E LAMPAI
24-07-2015O Concello de Teo está executando nestes días obras de reforzo do pavimento en varios núcleos. Esta mañá a concelleira de Urbanismo (PSOE), Uxía Lemus, e o edil de Infraestruturas (PSOE), Roberto Moñino, visitaban algunha das zonas nas que xa están avanzados os traballos.