A CONCELLARÍA DE CULTURA PON EN MARCHA AS BEBETECAS NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE CACHEIRAS E OS TILOS

27-02-2016
A concellaría de Cultura de Teo, dirixida por Pilar Faxil, pon en marcha as Bebetecas nas bibliotecas públicas de Cacheiras e Os Tilos. As bebetecas son un espazo de atención á pequena infancia, nenos e nenas de ata tres anos, no que poderán facer o seu primeiro achegamento ao mundo dos libros.

O CONCELLO DE TEO ACTUALIZA A TOPONIMIA NA CARTOGRAFÍA DOS CENTROS ESCOLARES MUNICIPAIS

25-02-2016
Durante esta mañá, coincidindo coa semana dedicada a Rosalía de Castro, o alcalde de Teo, Rafael Sisto, xunto coa concelleira de Educación, Salomé Beiroa, percorreron os tres CEIPs municiapais (Calo, Os Tilos e A Ramallosa) para participar xunto cos escolares nunha acción de normalización lingüística, un intercambio de cartografía antiga e deturpada por novos mapas cos actuais topónimos.

REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS DE SENDAS PEONÍS PAR AO PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ TEO DECIDE

25-02-2016
Remata o prazo para que calquera persoa interesada poida facer as súas propostas de sendas peonís a través do programa de participación cidadá Teo decide: Camiños seguros. Calquera colectivo ou individuo pode achegar coa data límite do venres 26 de febreiro as súas ideas ou prioridades de sendas para Teo a través dunha ficha que se pode descargar da web municipal e enviar a teodecide@concellodeteo.com

COMPARECEN AS CONCELLEIRAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E URBANISMO NO PLENO ORDINARIO

24-02-2016
A corporación teense reúnese este xoves 25 de febreiro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

CONVÓCASE UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA DITAMINAR A SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DE DÚAS CONCELLEIRAS

22-02-2016
A corporación teense reúnese hoxe luns 22 de febreriro en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O CONCELLO AVANZA NO PROGRAMA TEO DECIDE E COMEZA A RECOLLER INFORMACIÓN SOBRE AS PRIORIDADES DE SENDAS PEONÍS

18-02-2016
O Concello de Teo avanza no programa de participación Teo decide: camiños seguros. Esta iniciativa pretende escoitar á cidadanía para a toma de decisións na xestión municipal e para a primeira experiencia apostouse por preguntar polas prioridades veciñais de camiños seguros e sendas peonís.

O MERCADIÑO DE CACHEIRAS PASA DO SÁBADO AO VENRES E CAMBIA DE UBICACIÓN

17-02-2016
A concellaría de promoción económica de Teo, dirixida por Conchi García, leva semanas traballando no que se agarda sexa unha nova etapa do mercadiño de venda ambulante que se celebra en Cacheiras. Nesta nova andaina o día de celebración do mercado será o venres, polo que dende este 19 de febreiro xa estará funcionando.

A INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DIVERTEO SEMANA SANTA ESTÁ ABERTA ENTREO 15 E O 26 DE FEBREIRO

13-02-2016
O Concellode Teo abre o prazo para anotarse no Diverteo de Semana Santa entre o 15 e o 26 de febreiro. O Diverteo é un programa municipal que pretende facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, polo que funciona nos períodos de vacacións escolares. O programa realízase nos centros escolares de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Neste edición funcionará os días 21, 22, 23 e 28 de marzo. Máis información sobre a convocatoria premendo aquí

O CONCELLO MANTÉN UNHA REUNIÓN COAS OPERADORAS DE TRANPORTE PARA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DA LIÑA INTERIOR

13-02-2016
O Concello de Teo sigue dando pasos para a posta en marcha da liña interior de transporte municipal. Esta semana tivo lugar unha reunión na que participaron o alcalde, Rafael Sisto, a concelleira de Transportes, Conchi García e as operadoras implicadas no proceso, Donado Campos, Hedegasa e Castromil. Neste encontro tamén participou o que fora concelleiro de Transportes, e impulsor desta iniciativa, Anxo Rei.

OS SERVIZOS MUNICIPAIS TRABALLAN PARA MINIMIZAR OS DANOS DUN ESCAPE DE GASÓLEO

12-02-2016
A primeira hora desta mañá rexistrábase un aviso no Concello por un forte olor a gasóleo na zona de Montouto e Cacheiras. Desprazados á zona persoal da policía local, protección civil e o servizo municipal de Augas de Teo detectouse que se trataba dunha fuga dun depósito de gasóleo de calefacción nun establecemento hosteleiro, que quedou arranxada en torno ás 10:30 horas.