O CONCELLO CONVOCA UNHA BOLSA DE PRÁCTICAS PARA O ARQUIVO MUNICIPAL

07-09-2015
O Concello de Teo convoca unha bolsa de prácticas para tarefas de apoio no arquivo municipal, centrado no proceso de dixitalización de fondos municipais e na organización e descrición documental. A bolsa ten unha duración de 8 meses e poden participar nesta convocatoria as/os titulados/as universitarios/as licenciados/as ou graduados/as en Historia, licenciados/as en Humanidades ou graduados/as en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e os graduados/as en Información e Documentación ou Diplomados/as en Biblioteconomía e Documentación que rematasen os seus estudos con posterioridade ó primeiro de xaneiro de 2010.

O CONCELLO TRASLÁDALLE Á AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS AS SÚAS PRIORIDADES NA EXECUCIÓN DE SENDAS PEONÍS

05-09-2015
O Departamento de Urbanismos do Concello de Teo vén de enviarlle á Axencia Galega de Infraestruturas as súas prioridades para a execución de sendas peonís. A Xunta de Galicia comunicou a existencia de fondos para a execución deste tipo de obras, encamiñadas a minimizar o uso do vehículo particular.

O CONCELLO COMEZA A RECOLLER INFORMACIÓN SOBRE AS POSIBILIDADES DE ACOLLIDA DE REFUXIADOS QUE SE PODEN OFERTAR

04-09-2015
O Concello de Teo pon en marcha un proxecto para avaliar a capacidade de acollemento de refuxiados do que pode dispor en función das capacidades municipais e do interese da cidadanía por colaborar. Trátase dun primeiro paso de recollida de información sobre a dispoñibilidade de recursos que permita realizar unha proposta seria sobre as familias que poderían chegar a Teo, unha vez conseguiran o estatus de refuxiado.

O CONCELLO DE TEO ESTUDA VÍAS DE COLABORACIÓN CO COLEXIO DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS

01-09-2015
O alcalde de Teo, Rafael Sisto (Anova), e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus (PSOE), mantiveron esta mañá un encontro co delegado en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Fernando Blanco. Durante esta xuntanza na Casa do Concello exploráronse vías de colaboración entre as dúas entidades.

AS ESCOLAS DEPORTIVAS E AS ESCOLAS CULTURAIS ABREN O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2015-16

31-08-2015
Arredor de 500 usuarios e usuarias participaron nas actividades deportivas e arredor de 100 nas culturais na edición pasada. O éxito de participación en todas as actividades fai que neste curso se manteña a mesma oferta ca na anterior edición. O prazo de preinscrición está establecido entre o 1 e o 16 de setembro e realizarase por orde de entrada no Rexistro do Concello.

O PLENO DO CONCELLO DEBATE A SUSPENSIÓN DOS INCENTIVOS Á XUBILACIÓN POLA IMPOSIBILIDADE DE REPOÑER PERSOAL

29-08-2015
A corporación teense reúnese este luns 31 de agosto en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, nesta ocasión ás 20:30 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O 1 DE SETEMBRO INICIA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA XVIII LIGA DE FÚTBOL SALA E PARA SOLICITAR OS PAVILLÓNS DEPORTIVOS MUNICIPAIS

28-08-2015
Os equipos que desexen participar na XV Liga de Fútbol Sala Concello de Teo teñen de prazo ata o vindeiro 18 de setembro para formalizar a inscrición nesta competición. O Concello de Teo abre tamén un prazo de tempo para solicitar o uso dos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa durante o período comprendido entre 1 de outubro ao 31 de maio.

A ANDAINA TEENSE DO PROGRAMA GOZA DO ULLA ESTE ANO FARÁ UN PERCORRIDO ENTRE AS PONTES DE CAXADE E DE PONTEVEA

23-08-2015
A andaina teense do programa Goza do Ulla este ano, que se fará o 27 de setembro, fará un percorrido entre as pontes de Caxade e de Pontevea, dúas das máis significativas do Concello. As persoas interesadas en participar xa se poden anotar entregando a ficha de inscrición no Departamento de Deportes coa data límite do 24 de setembro.

A PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ARZÚA RECIBE O CAXATO DE AVELINO POR MANTER VIVOS OS VALORES PROPIOS DA GALICIA RURAL

20-08-2015
O Salón de Plenos do Concello de Teo foi o lugar de reunión no mediodía deste martes daquelas persoas que quixeron lembrar a persoa de Avelino Pousa convocados pola Irmandade Avelino Pousa Antelo, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos.

O CONCELLO DE TEO ACOLLE OS ACTOS DO III CABODANO DE AVELINO POUSA ANTELO E A ENTREGA DO CAXATO Á PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ARZÚA

18-08-2015
A Irmandade Avelino Pousa, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos entregarán este xoves 20, no III cabodano da morte de Avelino o seu “Caxato” á Parroquia de Santa María de Arzúa. O salón de plenos do Concello de Teo será o lugar no que comezarán os actos de lembranza dende as 12:00 horas.