O domingo haberá servizo de transporte gratuíto para os colexios que cambian de ubicación

10-07-2020
bus

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, publica un bando sobre o transporte gratuíto para a xornada electoral para os colexios que cambiaron de ubicación. Diante da convocatoria das eleccións autonómicas do día 12 de xullo, considerando que pola situación creada pola pandemia da COVID-19 autorizouse o traslado dos colexios electorais tradicionalmente situados na MEDIATECA de Cacheiras para o pavillón Ezequiel Mosquera da RAMALLOSA, e na Escola da CASALONGA para o pavillón Municipal de CALO, e que isto pode provocar que as persoas que queiran exercer o seu dereito a voto non teñan medios adecuados para trasladarse ata o colexio electoral que agora lles corresponde infórmase: 

Primeiro. Que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza , da Xunta de Galicia, estableceu durante a xornada electoral TRANSPORTE GRATUÍTO para as persoas que deban trasladarse aos novos colexios electorais.

Segundo. Que o SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO AO COLEXIO ELECTORAL na xornada electoral do día 12 de xullo, que irá debidamente identificado, terá as seguintes características:

MESAS 01 001 A e 01 001B (antes na MEDIATECA)

Saídas cara A Ramallosa (Pavillón Ezequiel Mosquera).

Horas de saída dende a rotonda da Gaiteira (GADIS):

Domingo 12 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h

Servizo de volta dende A Ramallosa ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h

Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: Rotonda da Gaiteira, Mediateca, Cruce estrada do cemiterio, mercadillo de Cacheiras, Centro de saúde de Cacheiras e ITV. 

No colexio da Ramallosa estará aberto o portalón grande para que se poida usar o aparcamento e facilitar o acceso ao pavillón. 

 

MESAS 01 005 A e 01 005B (antes na Escola CASALONGA)

Saídas cara Pavillón Municipal de CALO. 

Horas de saída dende Casa Común de FRANCOS.

Domingo 12 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h

Servizo de volta dende Calo ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h

Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: Francos (Casa Común), O Espiño, Gasolineira de Casalonga, Rúa da Estación, A Pedreira, Ameneiro e Texexe. 

Consulta aquí o bando sobre o transporte electoral

Cambios de ubicación de colexios electorais

As eleccións ao Parlamento Galego deste 12 de xullo traen cambios de ubicación en varios colexios electorais do Concello. As necesidades derivadas da crise sanitaria da Covid-19 obrigan a cambiar algúns locais para poder garantir condicións de espazo suficiente para a distancia social así como entradas e saídas diferenciadas nos distintos colexios. Trátase de garantir que nesa xornada o fluxo de xente se realicen sen risco para a saúde. 

Os cambios en Teo son os seguintes. 

Distrito: 01. Sección:001. Mesas: A e B. 

  • Local anterior: Mediateca do Grilo. 
  • Local novo: Pavillón deportivo Ezequiel Mosquera. A Ramallosa. 
  • Enderezo: Travesía da Ramallosa, nº 11, Ramallosa, Lucí. 15883. 

Distrito: 01. Sección:004. Mesas: A e B.

  • Local anterior: Colexio educación infantil e primaria da Igrexa Calo. 
  • Local novo: Pavillón deportivo de Calo. 
  • Enderezo: Fixó, nº 45, Calo. 15866. 

Distrito: 01. Sección:005. Mesas: A e B.

  • Local anterior: Escola da Casalonga
  • Local novo: Pavillón deportivo de Calo. 
  • Enderezo: Fixó, nº 45, Calo. 15866. 

Distrito: 01. Sección:006. Mesas: A e B.

  • Local anterior: Casa Común dos Tilos
  • Local novo: CEIP Os Tilos. Ximnasio. 
  • Enderezo: Rúa Ameneiro, nº 21. Os Tilos. 15894. 

Distrito: 01. Sección:002. Mesas: B.

  • Local anterior: Escola de Reis
  • Local novo: Centro sociocultural "A Ponte Vella"
  • Enderezo: Ribeira, nº 39, Reis, 15883. 

Estes cambios aparecen xa na información da tarxeta censal que cada elector/a recibe nos domicilios. 

O Instituto Nacional de Estatística publicou estas variacións en locais electorais no BOP número 93 do 23 de xuño que podes consultar aquí

Se algunha persoa precisa contactar co Concello para solventar algunha dúbida durante a xornada electoral pode chamar ao 981.815.700.