A Deputación publica o prazo de pago do imposto de vehículos

28-04-2020
impostos

A Deputación da Coruña publica hoxe 28 de abril no BOP unha Resolución en relación aos procedementos tramitados dende súa área tributaria na que se establece o novo prazo para o o pago voluntario do Imposto de vehículos de tracción mecánica. Este prazo comezará o 4 de maio e rematará o 1 de setembro.

O imposto de vehículos tiña un prazo previsto para o cobro que quedou modificaco polo Real Decreto 463/2020, de 17 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Agora a Deputación publica o novo prazo, una prazo amplo que vai do 4 de maio ata o 1 de setembro en período voluntario. En caso de non pagarse neste prazo o recibo tería un recargo.

Agárdase que nos vindeiros días a Deputación poida informar tamén do momento no que se cargará o recibo no banco para que as persoas que o teñan domiciliado poidan telo previsto. A previsión é que o cargo no banco se realice o 31 de xullo. No caso de non telo domiciliado hai que realizar o pago co recibo que chegará por correo postal. A previsión é que os envíos por correo postal comecen a chegar a partir da fase 3 da desescalada, que no mellor dos casos será a partir da primeira quincena de xuño.

As persoas ás que non lle chegue o recibo ou non detecten o cobro na súa conta bancaria poden enviar un correo electrónico a intervencion@teo.gal para solicitar unha copia do recibo. Para eso deben indicar os seus datos nome e datos do vehículo.

Os datos de contacto de información tributaria da Deputación, na que tamén se poden realizar estas consultas son os seguintes: o correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal e o teléfono gratuíto 900 132 204.

O Concello ten delegada a recadación dos impostos municipais na Deputación da Coruña.