O día 9 comeza a campaña 'Tamén no Nadal, comercio local´

03-12-2019
campaña nadal

Durante as vindeiras semanas vaise desenvolver a campaña de promoción do comercio local de Teo. Este é o terceiro ano de funcionamento e o seu fin é incentivar o consumo responsable nas entidades do municipio. Ademais, segundo destaca a concelleira de Comercio, Iria Otero, "acudir ao comercio máis próximo supón contribuír ao  desenvolvemento local".

Cantas entidades participan?
Á campaña están adheridos máis de noventa entidades comerciais. Como novidade incorpóranse tamén a artesanía feita en Teo, as adegas e os postos do Mercado do Alimento Labrego de cada sábado nos Tilos.
 

Cando se desenvolve?
Comezará o 9 de decembro e concluirá o 12 de xaneiro. O sorteo dos premios está previsto para o luns 13 de xaneiro na Casa do Concello.
 

Como funciona?
Todas as compras efectuadas nas entidades adheridas irán acompañadas de tarxetas de participación no sorteo de premios. O primeiro premio consistirá nun abono anual de uso das instalacións da piscina cuberta municipal da Ramallosa.
O segundo premio é unha noite de aloxamento para dúas persoas, con cea e almorzo incluídos, nun dos establecementos colaboradores do concello. Como terceiro premio outorgarase unha actividade de turismo activo. Poderase escoller entre un descenso polo Ulla, unha xornada de paint ball ou un paseo a cabalo. O cuarto premio será unha cesta de alimentación
valorada en 100 euros. O quinto é un bono de 50 euros para gastar nalgunha das entidades adheridas á campaña.
Ademais, en cada entidade entregarán unha entrada para utilizar as instalacións da piscina municipal climatizada da Ramallosa por cada unha das súas primeiras vendas de importe superior aos 20 euros. 

Consulta aquí as bases completas da campaña de Nadal