O Concello entrega atraínte para facer trampas contra a nespra asiática

13-03-2018
Ciblo anual da velutina

O Concello de Teo está entregando atraínte para facer trampas para a nespra asiática ou velutina. As persoas interesadas en recoller o líquido deben achegarse á sede de Protección Civil os martes  de 10:00 a 12:00 ou os sábados de 17:00 a 19:00 horas cunha botella de plástico de polo menos 300  mililitros de capacidade.

Para facer a trampa debe usarse 100 ml. do atraínte con medio litro de auga colocados nunha botella de plástico na que se farán buracos para que poida entrar a raíña. Hai que instalar a trampa en árbores en flor. O ideal é facelo en camelias, citrinos, laranxeiros, limoeiros e claudieiras de xeito que estean tamén protexidos do vento. Se están ao sol é posible que a auga se evapore, polo que hai que repoñela.

Cada tres ou catro días debense retirar os insectos que caeron na trampa. É importante que no caso das velutinas se maten, por aplastamento, xa que poden estar vivas e ao secar volver a voar. O atraínte hi que renovalo cada 15 días. Pasado ese tempo estrágase.

Segundo o ciclo anual da velutina a eficacia destas trampas é boa entre os meses de marzo e abril, xa que cazan ás novas raíñas. Cada unha das raíñas eliminadas evitará a aparición dun enxame nos meses de verán.

Niños de raíña

Os niños de raíña son os primeiros que fan ao espertar do inverno. Están cerca das contrucións humanas. É importante eliminalos pero coa raíña dentro. Se non se fai así volverá a construír outro a pouca distancia. De noite está dentro polo que se pode poñer un recipiente debaixo e, unha vez desprendido, tapalo para que non escape. Se se mete no conxelador morre.

Preme aquí para ver a localización da sede de Protección Civil de Teo.

Charlas sobre a nespra

En relación con este tema o Concello sigue organizando charlas sobre como previr a nespra asiática. Este venres 16 haberá unha na escola de Vilariño ás 20:30 horas dirixida á veciñanza de Bamonde, Teo e Vilariño. Durante a mesma falarase da velutina, do seu ciclo anual, como facer trampas e como minimizar o seu impacto.

Os avisos de niños hai que dalos ao teléfono da Xunta 012. Neste momento os niños non teñen actividade polo que non son perigosos.

Arquivos