Case 80 establecementos participan na campaña Tamén no Nadal, merca en Teo

29-11-2017
Comercio de Teo

Entre o 4 de decembro e o 5 de xaneiro vaise desenvolver unha campaña de promoción do comercio de Teo coa que o Concello pretende apoiar ao sector, incentivando o consumo nos establecementos do municipio tamén durante o Nadal, unha das épocas de maior actividade comercial do ano.

Os case oitenta establecementos adheridos á campaña, identificaranse polo distintivo da mesma que figurará nos escaparates. Por cada dez euros de compra, o cliente recibirá unha rifa para participar no sorteo dos premios da campaña.

Sorteo

O sorteo público dos premios efectuarase o día dez de xaneiro. O resultado será publicado na páxina web do Concello e exposto nos establecementos participantes.


O primeiro premio consistirá nun abono anual para a utilización da piscina climatizada municipal da Ramallosa. O segundo premio será unha cea con aloxamento e almorzo para dúas persoas nun dos seguintes establecementos hoteleiros do concello: Pazo de Adrán, Casa Grande de Cornide e Parada de Francos. O terceiro premio é unha actividade de aventura para catro persoas que se desenvolverá dentro do concello, a elixir entre as seguintes: descenso polo Ulla, paintball ou paseos a cabalo.

500 entradas

A piscina climatizada da Ramallosa colabora, ademais, cun premio directo, ofrecendo 500 entradas para maiores de 18 anos á piscina e ao ximnasio das súas instalacións. Serán canxeables dende o inicio da campaña, o 4 de decembro, ata o 15 de xaneiro. Entregarase unha entrada por cada compra superior a vinte euros, ata esgotar todas as dispoñibles.

Establecementos participantes
 

Xa se poden consultar os establecementos participantes no arquivo que aparece no final desta nova. Podedes consultar na info de cada un dos locais as ligazóns ás redes sociais.