O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Yoga Sámkhya para a rapazada

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste

Prazas dispoñibles
25
Inscribirse

Prazas por persoa
3

O Concello de Teo propón unha actividade deportiva e saudable entre a rapazada para o mes de xullo. Unha forma de conciliar pero tamén de manterse activos. Así, a práctica asidua do ioga permite que a vida do neno/a sexa máis saudable, feliz e que poida construír un futuro mellor, basado en ideas positivas.

Algúns dos beneficios da práctica deste deporte son :

- fortalecer o sistema inmunitario;
- aumento da resistencia e flexibilidade muscular e articular;
- aprender a ter máis consciencia sobre o seu corpo;
- aumento das capacidades auditivas e agudeza visual;
- capacidade de traballar en grupo;
- aumento da concentración;
- saber controlar as emocións;
- mellora do rendemento escolar;
- redución do absentismo;
- aumento da creatividade.

Tipo de sesión e perfil dos usuarios:
     - Os sábados de 11-12h para nenos/as de 6 a 9 anos (15 prazas).
     - Os sábados de 12-13h para nenos/as de 10 a 12 anos (15 prazas).

Lugar de realización: Auditorio Municipal Constante Liste.

Para inscribirse, cómpre indicar o ano de nacemento para poder dividir os grupos. Grazas. 

Inscribirse
cartel

Outros eventos por vir