O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Títeres Cachirulo presenta As Xeneralas da Ulla

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
59
Inscribirse

Prazas por persoa
5

O venres 25 de febreiro, Títeres Cachirulo trae a Teo “A Xeneralas Da Ulla”, un espectáculo de monicreques de madeira para todos os públicos sobre o Entroido da Ulla. 

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.
Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente da Ulla e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!

Será no Auditorio Municipal Constante Liste ás 18:00 horas e con inscrición previa a través do formulario en liña.

 

 

Observacións
No caso de querer anular unha reserva pódese facer enviando un correo a entradascultura@teo.gal
Inscribirse
As Xeneralas da Ulla

Outros eventos por vir