Ruta as pegadas de San Simón

Pegadas de San Simón.

A concellaría de Deportes programou un novo carreiro para o mes de outubro. Neste caso será o domingo 23 de outubro ás 10:30 horas co título ‘As pegadas de San Simón’.

O punto de saída será o campo da festa de Vilanova en Recesende e durante a ruta pasarase por Casaldomiro, Requián, Pisadas de San Simón, Bustelo e volta a Vilanova. Trátase dunha ruta de dificultade media accesible para persoas acostumadas a camiñar.

Inscrición gratuíta  a partir do 5 de outubro para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, os días 19 e 20 de outubro abrirase un prazo para o resto da xente interesada.

Data e hora

Domingo 23 de outubro ás 10.30 horas

Localización

Campo da festa de Recesende.

Data e hora
Localización
Campo da festa de Recesende.

Actividades relacionadas