O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta interpretativa A MAXIA DAS SOBREIRAS. AVENTURA EN FAMILIA

Data e hora

Localización
Punto de encontro: aparcadoiro municipal de Pontevea
Como chegar

Prazas dispoñibles
6
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Sabías que Teo ten un legado de sabedoría popular vinculada á natureza que precisa mantelo vivo? Prantas mediciñais, rituais, lendas ou costumes son parte do patrimonio inmaterial galego e desde fai séculos forman parte da nosa identidade.

A ruta “A maxia das sobreiras. Aventura en familia” ten lugar na parroquia de Reis e permitirache entender o gran valor sociocultural que teñen estas árbores no noso entorno.

Nesta ruta interpretativa, deseñada para familias con crianzas, convertiraste no/a protagonista da historia. Estamos correndo un serio perigo xa que a maxia está desaparecendo. Por iso, buscamos aprendices de meigas e meigos que leven a cabo unha misión. Nesta aventura crearás o teu propio conxuro e manterás viva a herdanza dos nosos ancestros para intentar salvar a maxia.

A Sobreira da Burga será a anfitriona desta experiencia, convidándote a atopar o seu rincón favorito e dándoche a benvida para levar a cabo un ritual moi particular.

O percorrido circular transcorre por 3,9 km de acera, pista e sendeiro, cunha dificultade baixa.

Nenos/as a partir de 3 anos acompañados por unha persoa adulta.

Observacións
RECOMENDACIÓNS
Cantimplora ou botella de auga.
Roupa e calzado cómodo adecuado para camiñar. Gorra
Bloqueador solar.
Gañas de pasalo ben!
Inscribirse
foto

Outros eventos por vir