Inscrición pechada
O vindeiro 15 de outubro, o Goza do Ulla, programa de sendeirismo conxunto dos concellos do Ulla, percorrerá toda a ribeira do Ulla teense, Once quilómetros que vertebran as parroquias de Teo e Reis. Gozaremos dun espazo que forma parte da Rede Galega de Espazos Protexidos, con presenza nesta zona de fragas e vexetación de ribeira que constitúen ecosistemas de grande valor ambiental como a Devesa de Agromaior ou a carballeira de Xermeade. Enclaves naturais pero tamén patrimoniais que humanizaron este val ó longo dos séculos: pesqueiras, fontes, pontes e pontellas, canles de rega, muíños, etc. A ponte medieval de Pontevea do século XIV, Ben de Interese Cultural, ou a Ponte colgante da Mariola no Xirimbao, son algúns dos elementos patrimoniais de maior sona.
A ruta é lineal, ten unha extensión de 11 kms.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse na web do concello ata o venres 13 de outubro.
Hora de saída: 9.30h
Punto de encontro: Área de lecer do Xirimbao (42º 45’ 51.00’’ N; 8º 33’20.30’’ W)
Punto de saída: Ponte da Dorna (42º 45’51.00’’ N; 8º30’24,63’’O)
Extensión da ribeira teense do Ulla: 11 km
Duración aproximada da ruta: 4 horas
Dificultade: media
