O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Fadatea na Biblioteca do Grilo-Cacheiras

Data e hora

Localización
Biblioteca do Grilo-Cacheiras
Como chegar

Prazas dispoñibles
14
Inscribirse

Prazas por persoa
3

As Bibliotecas de Teo acollen unha nova sesión de Fadatea, unha actividade de animación á lectura dirixida ao público infantil, baseada na narración de contos, o xogo e a participación activa das crianzas.

Hora: 11:00 h a 13:00 h
Infantil (6 a 10 anos): Durante a actividade quedarán a cargo da persoa encargada

Entrada: gratuíta, previa inscrición

Unha proposta para achegar as crianzas á lectura nun ambiente lúdico e acolledor.

⚠️ As cancelacións deberán comunicarse. Non se tramitarán as enviadas ao correo automático de confirmación nonresponder@teo.gal.
As ausencias non comunicadas terán as seguintes consecuencias:
Tras unha primeira ausencia, a persoa pasará á listaxe de agarda nas seguintes actividades nas que se inscriba.
Tras unha segunda ausencia, non poderá formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e a colaboración de todas as persoas participantes para facilitar un acceso xusto ás experiencias.

Inscribirse
Cartel Fadatea na Biblioteca do Grilo-Cacheiras 14 de novembro

Outros eventos por vir