Consulta do planeamento urbanístico - programa "Urbanismo en rede"

O programa "Urbanismo en rede" naceu co obxecto de facer públicos os plans de urbanismo municipais a través da Internet, posibilitando que calquera persoa puidese acceder a eles de forma doada e personalizada. Deste xeito pretendíase aumentar e potenciar a transparencia da xestión pública no sector urbanístico.

"Urbanismo en rede" facilita unha completa interoperatividade entre as distintas administracións e axentes implicados no urbanismo mediante servizos electrónicos que permiten a utilización da información de planeamento urbanístico por todos eles.

O Concello de Teo dispón dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente pola Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, por Orde do 4 de xuño de 2010, e vixente dende a súa publicación no BOP o 20 de xullo de 2010.

Débese ter en conta que este servizo recolle exclusivamente planeamento urbanístico, polo que as condicións de edificabilidade poden verse afectadas, en maior ou menor medida, polos cambios na lexislación vixente ou pola normativa de carácter sectorial (estradas, patrimonio, ambiente...). Consecuentemente, aconséllase efectuar sempre unha consulta cos técnicos municipais para contrastar e complementar a información urbanística obtida.

Para acceder ó visor do planeamento prema aquí.

Pode consultar o manual adxunto para coñecer o seu modo de uso.

Lembre que para o correcto funcionamento do visor, é necesario utilizar o navegador Firefox, que pode descargar de forma gratuita dende a páxina web do autor:
http://www.mozilla-europe.org/es/

Gobierno de España. Ministerio de Industria, Energía y Turismo FEDER Concello de Teo Urbanismo en rede