O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
A enerxía é un elemento clave para o funcionamento das nosas vilas e cidades e produce un alto impacto na sociedade, na economía e no medioambiente. A produción e o uso da enerxía representa dous tercios (66%) das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE). Ademais, existen importantes impactos sociais relacionados co subministro enerxético, como conflitos armados, crises migratorias, enfermidades e mortes prematuras.
Aspirar a un mundo máis sostible converteuse a día de hoxe nun propósito esencial para millóns de cidadáns, empresarios e líderes políticos. Resulta imprescindible actuar de acordo ao Acordo de París e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e construír unha estratexia baseada en valores.
Esta transición é especialmente imperiosa no estado Español que presenta una importante dependencia exterior de enerxía a partir de combustibles fósiles (aproximadamente do 80%), o cal implica que debemos destinar unha importante cantidade de recursos económicos a importar enerxía e que estamos suxeitos ós vaivéns do mercado enerxético internacional.
Os nosos territorios dispoñen de elementos clave, como a acusada orografía, a elevada insolación ou a presenza de ventos constantes en determinadas áreas, para desenvolver amplamente as enerxías renovaveis e poñelas o servizo do desenvolvemento local.
A Comisión Europea puxo en marcha no 2008 o “Covenant of Mayors” ou "Pacto das Alcaldías", unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e ós cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da UE
O Pacto consiste no compromiso dos municipios asinantes, de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, promoción das enerxías renovables e da mobilidade sostible.
Os municipios asinantes comprométense a:
• Reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030.
• Aumentar a eficiencia enerxética nun 27%.
• Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables nun 27%.
• Elaborar unha serie de documentos técnicos e outros complementarios
De acordo co último informe de REN21 (Renewable Energy Policy Network) resulta evidente que para avanzar cara o ODS7 (Garantir o aceso a unha enerxía asequible, fiable,sostible e moderna para todos) é necesario planificar máis e mellor en todos os territorios e sectores e deseñar políticas complementarias ns distintos niveis de goberno en diálogo entre o sector público e privado; así como construí capacidades tanto a nivel técnico como político.
A elaboración do PACES (Plan e Acción polo Clima e a Economía Sostible) é unha labor estratéxica xa que este proceso marcará os compromisos do Concello cara o próximo horizonte 2030.
O primeiro paso foi a Elaboración dos documentos técnicos requiridos polo Pacto dos Alcaldes no que se definen e planifican os obxectivos estratéxicos necesarios para o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Concello coa firma do Pacto das Alcaldías:
• Reducir as emisións de CO2 no territorio do municipio nun 40% no ano 2030
• Aumentar a capacidade de resistencia mediante a adaptación ó cambio climático.
Descarga aquí o PACES
Descarga aquí a memoria técnica para a adhesión ao Pacto das Alcaldías.
Descarga aquí a carta de adhesión ao Pacto das Alcaldías.
Descarga aquí a certificación do acordo plenario de achesión ao Pacto das Alcaldías.