INSCRICIÓN
Abre a inscrición nos programas de conciliación Teo Coida 1 e Teo Coida 2
TEO COIDA 1
Participantes: alumnado do CEIP dos Tilos, que non obtivo praza de comedor.
Lugar: no colexio dos Tilos.
Horario: de 14:00 a 15:15 horas (15:30 para casos xustificados) todos os días do período lectivo.
Inscrición: a partir do 30 de agosto
TEO COIDA 2
Participantes: alumnado dos CEIP de Calo e dos Tilos, con prioridade para as familias empadroadas en Teo
Lugar: no colexios de Calo e dos Tilos.
Horario: desde o remate do horario do comedor ata as 18:00 horas, todos os días do período lectivo.
Inscrición: a partir do 30 de agosto
Tipos de usuarios/as:
- Fixo: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Estes usuarios/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo: 1 día por semana; 2 días por semana; 3 días por semana; 4 días por semana ou 5 días por semana. Os usuarios/as fixos poderán solicitar unha utilización do servizo distinta das establecidas, sempre que o soliciten por escrito motivado.
- Ocasional: aquel/a usuario/a que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.
Documentación obrigatoria:
- Folla de inscrición.
- Foto tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Declaración responsable para a participación nos programas de conciliación 2021-2022.
Opcional:
- Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso)
- Documentación xurídica suficiente para demostrar a retirada da garda e custodia a algún dos proxenitores (de ser o caso).
- Título de familia numerosa (de ser o caso).
- Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
- Xustificación do acollemento (de ser o caso).
- Declaracións da renda do exercicio 2020 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).
- Impreso de domiciliación.
Podes consultar toda a informaicón sobre o programa, como os custes do servizo e as bonificacións premendo aquí
Descarga aquí a ficha de inscrición do Teo Coida 1
Descarga aquí a ficha de inscrición do Teo Coida 2
Descargar aquí a declaración covid
Descarga aquí a solicitude de domiciliación
MÁIS INFORMACIÓN
- CIM: 981 938475 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00).
- Servizos Sociais: 881819356 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00).
- BOP núm. 213 do 14 de decembro de 2020 e BOP núm.45 do 9 de marzo de 2021.