Proposta de contratación no proceso para cubrir dous postos de xardinería con contrato temporal. Bases PEL.

Data presentación
Data presentación fin

Reunido o tribunal para a contratación laboral-temporal de dúas persoas como xardineiras para o Concello de Teo, dacordo coa subvención concedida ao efecto pola Deputación da Coruña, e realizadas as valoracións dos méritos presentados, publícase o resultado da baremación.

Consulta aquí o resultado da baremación e a proposta de contratación de dúas xardineiras

No caso de renuncia á contratación pola súa parte, ou no caso de que non poida acreditar os requisitos necesarios, a proposta de contratación será a favor da seguinte aspirante con maior puntuación e así sucesivamente. 

Publicado en teo.gal o 16 de xullo de 2020. 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo par aocupar dous postos de xardineiros/as (PEL Concellos) para o Concello de Teo. 

Revisadas as solicitudes de participación nos procesos selectivos, así como a documentación presentada polos aspirantes no prazo establecido coa publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas neste proceso, publícase a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. 

Consulta aquí a listaxe completa

Convócase ao tribunal para o xoves 16 de xullo ás 10:30 horas co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes. 

Publicado en teo.gal o 13 de xullo de 2020. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de xardinería para o Concello de Teo (PEL Concellos). 

Consulta aquí a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso. 

As persoas aspirantes e excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. 

De non presentarse reclamacións ou subsanación dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 7 de xullo de 2020. 

Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, de dúas persoas para ocupar os postos de xardineiros/as (grupo 8) para o Concello de Teo.

Consulta aquí as bases completas da convocatoria

Obxecto da Convocatoria. O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso, de dúas persoas para levar a cabo os traballos de xardinería contemplados no proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques e xardíns”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ó abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2020  (BOP nº 29, de 12/02/2020).  
 
A contratación farase a tempo completo, terá unha duración de cinco meses e está subvencionada pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo para financiar parte dos custos da contratación.
 
As persoas seleccionadas incorporaranse no departamento de servizos básicos municipais.
A modalidade contractual será a dun contrato temporal de traballos de interese social/fomento do emprego agrario.  

Prazo de presentación de instancias:

As e os aspirantes interesados no posto de traballo terán que presentar unha instancia (Anexo II),  dirixida ao Sr. alcalde, dentro do prazo de dez días naturais (a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria na web www.teo.gal), no Rexistro Xeral do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, os/as aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou mail (alcaldia@teo.gal), durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Neste proceso o prazo de presentación de instancias irá do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos). Os dez días rematan o sábado 27 pero ao coincidir en fin de semana amplíase ata o luns 29.

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación:

  • Documento de identidade (DNI, NIE, Pasaporte).
  • Documentación esixida na base segunda.
  • Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou discapacidade que impida exerce-la función propia a desenvolver (Anexo III).
  • Carné de conducir tipo B.
  • Méritos: En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

Para consultar os requisitos que deben ter os/as aspirantes e o resto das bases completas preme aquí

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo

Publicado en teo.gal o 17 de xuño de 2020.