Listaxes provisionais de persoas admitidas nas escolas deportivas. Curso 2019/20

Data presentación
Data presentación fin

EDITADO. Unha vez realizado o sorteo público nas disciplinas nas que había máis solicitudes ca prazas publícanse as listaxes de baloncesto, padel, patín na Ramallosa (nos tres grupos), skate (no grupo do luns) e tenis iniciación nos Tilos. 

Consulta aquí as listaxes das disciplinas nas que houbo sorteo

Publicado en teo.gal o 20/09/2019

Publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas nas escolas deportivas municipais para o curso 2019/20. 

Consulta aquí as listaxes provisionais de rapaces/as

Consulta aquí as listaxes provisionais de adultos/as

As escolas deportivas de nenos/as nas que non se forma grupo son as seguintes: aeróbic (ningún grupo); psicomotricidade, billar, fitness mércores, dance grupo 1 e ciclismo. 

As escolas deportivas de adultos/as nas que non se forma grupo son as seguintes: ximnasia na Casa Común de Lampai, fútbol americano e flag football. 

Nas disciplinas de nenos/nenas haberá sorteo nas seguintes escolas: baloncesto, padel, patín na Ramallosa (nos tres grupos), skate (no grupo do luns) e tenis iniciación nos Tilos. 

O sorteo público será na Casa do Concello o venres 20 ás 10:15 horas. 

Unha vez comprobado a admisión o prazo para realizar o pagamento será do 21 ao 27 de setembro. O pagamento pódese realizar mediante un formulario de taxas directamente na oficina bancaria ou mediante transferencia bancaria.

Descarga aquí o formulario de taxas para facer o pago na oficina bancaria. 

Os números de conta do Concello para facer a transferencia son as seguintes: 

  • Abanca: ES19 2080 0318 1931 1000 0099
  • Sabadell: ES03 0081 2154 7100 0100 1109

Débese entregar o resgardo no Departamento de Deportes ou envialo a deportes@teo.gal e recoller/recibir un xustificante para entregar ao/á monitor/a o primeiro día de clase. 

O custe da actividade é de 60 euros anuais. Pódese efectuar o pagamento todo xunto ou dividir en tres pagos de 20 euros: 1º pago: do 21 ao 27 de setembro- 2º pago: na segunda quincena de xaneiro- 3º pago: na segunda quincena de marzo.  As bonificacións a esta taxa pódense consultar no BOP número 195, do 13/10/2011 e premendo aquí

Se nalgún dos grupos non se fan os pagamentos para cubrir o mínimo de participantes, a actividade non se realizará. Nos grupos que hai nivel poderá haber modificacións segundo o criterio dos/as monitores/as. 

Duración do curso. 

Rapaces/as: do 1 de outubro ao 30 de maio. Na primeira quincena de xuño faranse as clausuras. 

Persoas adultas: o 1 de outubro ao 20 de xuño. 

O Concello de Teo poderá realizar as modificación, tanto nas actividades programadas coma nos seus horarios e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación municipal.  Cando se teñan que suspender actividades de forma inmediata comunicarase a través do Facebook do Concello. 

Publicado en teo.gal o 19 de setembro de 2019.