Publícase a baremación de méritos para os procesos selectivos para a provisión de cinco postos de albanelería, peón de obra pública e xardineiro/a

Data presentación
Data presentación fin

Unha vez reunido o tribunal cualificador, publícase a baremación de méritos para os procesos selectivos para a provisión de cinco postos de albanelería, peón de obra pública e xardineiro/a.

Podes consultar as baremacións aquí.

Publicado en teo.gal o 21 de xuño de 2019.

 

 

Publícase a listaxe definitiva de  persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para ocupar os postos de oficial de 1º de albanelería (2 postos), de peón de obra pública (1 posto) e de xardineiros (2 postos) para o Concello de Teo (convocatoria PEL)

Consulta aquí a listaxe definitiva

O tribunal reunirase o 19 de xuño ás 10:00 para realizar a baremación. 

Publicado en teo.gal o 11 de xuño de 2019. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para ocupar os postos de oficial de 1º de albanelería (2 postos), de peón de obra pública (1 posto) e de xardineiros (2 postos) para o Concello de Teo.

Consulta aquí a lista provisional

As persoas aspirantes e excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou no alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo.

O prazo de subsanación comeza o venres 31 de maio e remata o martes 4 de xuño.

De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional elevarase a definitiva.

Publicado en teo.gal o 19 de maio de 2019.

Publícanse as bases para a provisión de 5 postos de traballo. PEL Concellos 2019.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso - oposición, de cinco persoas para ocupar os postos de oficiais de 1ª de albaneleria (grupo 8) peon de obra publica (grupo 9) e de xardineiros-as (grupo 8) para o Concello de Teo.

As persoas seleccionadas incorporaranse no Servizo de obras e servizos básicos municipais. A modalidade contractual será a dun contrato temporal de traballos de interese social/fomento do emprego agrario.

Data de inicio de admisión de solicitudes: 20 de maio.
Data de fin de admisión de solicitudes: 24 de maio.

A contratación está dirixida a persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Os postos a seleccionar son 2 de xardineiro/a, 2 oficiais de primeira de albanelería e 1 peón de obra pública. Todos a xornada completa cun contrado de 5 meses de duración.

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/) e na web municipal (www.teo.gal), publicación esta última que determinará o comezo do prazo de presentación de instancias. A publicación na web municipal realízase o 16 de maio de 2019. Polo que a data de inicio de presentación de solicitudes é o 20 de maio e a data de fin de admisión de solicitudes é o 24 de maio.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de cinco (5) días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria na páxina web do Concello, no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (rrhh@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias. No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Cuadrilla de servizos básicos 2019.

Si o último día de presentación das solicitudes recae en día inhábil, o prazo entenderase ampliado ata o día hábil seguinte.

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañarán a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade da persoa aspirante

- Titulación requirida con arranxo ao sinalado na Base segunda. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

- Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou discapacidade que impida exercer a función propia a desenvolver. (Anexo III)

- Relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos destes. Só se terán en conta para a fase de concurso os méritos debidamente acreditados, en todos os seus extremos, dentro do prazo de presentación de solicitudes; e non serán obxecto de toma en consideración, e valoración, os que se acheguen con posterioridade ao remate do dito prazo, que serán considerados como achega de nova de documentación fóra de prazo, ou aqueloutros que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

- Fotocopia do carné de conducir

- Documentación acreditativa da situación de demandante de emprego (A este respecto, durante a tramitación do proceso selectivo as persoas aspirantes deberán cumprir as obrigas derivadas de estar na dita situación)

- A documentación acreditativa de atoparse nalgunha das situacións de exclusión laboral previstas na Base segunda.

Cando a relevancia do documento no procedemento esíxao ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que as persoas interesadas aceptan e acatan todas e cada unha das bases da convocatoria.