Concesión da bolsa de prácticas na Rede de bibliotecas municipais

Data presentación
Data presentación fin

Detectado un erro na  resolución da alcaldía de concesión dunha bolsa de prácticas na biblioteca pública municipal da Mediateca do Grilo publícase unha corrección de erros.

Acórdase corrixir o erro material de transcrición detectado, e así onde di:

"A bolsa concédese con efectos do 30 de xullo de 2018, e ten unha duración dun ano", debe dicir: "A bolsa concédese con efectos do 30 de xullo de 2018, e ten unha duración de seis meses"

Publicado en teo.gal o 30 de xullo de 2018

Publícase a concesión da bolsa de prácticas na rede de bibliotecas municipais destinadas a titulados/as universitarios/as a Dona Sara Parente Moreira,DNI – 45956842J, por ser a aspirante que acadou a maior puntuación de acordo coas bases que rexen a convocatoria. A bolsa concédese con efectos de 30 de xullo de 2018, e ten unha duración de un ano.

Consulta aquí a resolución de concesión

Publicado en teo.gal o 27 de xullo de 2018

Publícase a listaxe de aspirantes admitidos e excluídos para cubrir unha bolsa de prácticas na biblioteca pública municipal da Mediateca do Grilo (Cacheiras). Tamén se fai pública a baremación de méritos das persoas admitidas e convócase aos aspirantes para a realización da entrevista curricular o xoves 26 de xullo ás 10:00 horas na Casa Consistorial. Para o chamamento, os/as aspirantes deben traer o DNI.

NOTA ACLARATORIA. No documento hai un erro na data na que se cita aos aspirantes para a entrevista xa que aparece "luns 26 de xullo". Os/as aspirantes deben ter en conta que a data da entrevista é o xoves 26 de xullo ás 10:00 horas.

Publicado en teo.gal o 20 de xullo de 2018

O Concello publica a convocatoria para a concesión dunha bolsa para realizar prácticas nas tarefas que corresponden a un técnico relacionado coa biblioteconomía, a animación á lectura e á dinamización dunha biblioteca.
Entre estas tarefas inclúense a realización de carnés, a catalogación de fondos nos programas informáticos da rede, a xestións dos préstamos, a axuda á navegación polos postos informatizados, a programación, deseño e realización de actividades de animación á lectura no centro, etc.
As prácticas realizaranse na axencia de lectura Municipal de Cacheiras (Mediateca do Grilo) e baixo a supervisión do/da titor/titora que lle sexa asignado/a.

As bolsa terá unha duración de 6 meses, podéndose prorrogar por outro período igual, a criterio da concellería de cultura, previo informe dos técnicos da rede de bibliotecas municipais.

Poderán participar na convocatoria as/os titulados/as universitarios/as, licenciados/as, graduados/as en Historia, licenciados/graduados en Historia da Arte, licenciados/graduados en Biblioteconomía e Documentación ou Información e
Documentación, licenciados/graduados en Humanidades / graduados en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, que cumpran os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación de solicitude da bolsa:

  • que rematasen os seus estudos con posterioridade ó primeiro de xaneiro do 2015.
  • que non fosen beneficiarios/as dalgunha outra bolsa remunerada de duración superior a 6 meses.
  • que non conten con experiencia laboral en entidade pública ou privada directamente relacionada co obxecto desta bolsa.

Non poderán concorrer as persoas que incorran nalgunha das causas de prohibición previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
As/os solicitantes deberán presentar a súa instancia de solicitude, acompañada da documentación pertinente, no rexistro xeral do concello de Teo.
O prazo de presentación solicitudes será de oito días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación da convocatoria da bolsa na web oficial do concello de Teo e no taboleiro de anuncios do Concello.
A presentación da solicitude suporá a aceptación das presentes bases e a declaración dos solicitantes de cumprir cos requisitos esixidos nas mesmas.

As/os solicitantes deberán presentar, en orixinal ou copia compulsada, a seguinte
documentación para a admisión das/os mesmas/os:

  • Instancia de solicitude para participar no proceso de selección dirixida ó alcalde- presidente do Concello en que constará o nome e apelidos, número de DNI, domicilio, teléfono e enderezo electrónico a efectos de notificacións, segundo modelo incorporado ás presentes.
  • Titulo académico esixido para acceder á bolsa, ou documento equivalente.
  • Certificado acreditativo de estar en posesión do Celga 4.
  • Vida laboral debidamente actualizada (máximo 6 meses).

As/os solicitantes poderán presentar a seguinte documentación a fin da valoración da
mesma, de acordo co apartado 5 das presentes bases.

  • Orixinal ou copia compulsada do expediente académico.
  • Documentación acreditativa da formación complementaria avaliable segundo o apartado 5.2 das presentes bases, en orixinal ou copia compulsada.

Descarga aquí as bases completas da convocatoria e o modelo de solicitude