A concellaría de Urbanismo inclúe temas fundamentais para o desenvolvemento socioeconómico de Teo, como o Plan Xeral, as obras de urbanización, pero ademais, a sostibilidade.

Desde o ano 2015, a Concellaría de Urbanismo e Sostibilidade ten como obxectivo principal o desenvolvemento do programa Teo Sostible, fundamental para o cambio enerxético de Teo, que terá a súa continuación este mandato coa execución dos Fondos Europeos de mobilidade sostible.

O desenvolvemento e revisión do PXOM aprobado no ano 2010, co fin de adecualo ás novas circunstancias socioeconómicas do concello, aparece, tamén, como un eixe básico da acción desta Concellaría.

Nestes catro anos, así mesmo, Uxía Lemus terá como competencias delegadas os temas de seguridade local, que inclúen Policía Local e Protección Civil, que deben ser obxecto dunha aposta decidida na súa mellora en medios, dado o seu carácter de servizos fundamentais da acción municipal.
 

Podes consultar aquí o planeamento urbanístico do Concello, o PXOM aprobado no 2010.

Contacto: uxialemus@teo.gal

Uxía Lemus de la Iglesia

Uxía Lemus de la Iglesia

Uxía Lemus de la Iglesia (A Coruña, 1976), é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e doutora en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde o ano 2007, é funcionaria da Administración local, no servizo de Urbanismo do Concello de Oroso. Actualmente en situación de servizos especiais. 
É militante do PSdeG-PSOE desde o ano 2009 e Secretaria Xeral da Agrupación socialista de Teo desde o ano 2011. Dende o ano 2015 é concelleira de Urbanismo e Sostibilidade do Concello de Teo.