RAFA SISTO E UXÍA LEMUS PRESENTAN O ACORDO DE GOBERNABILIDADE PARA TEO CUN PROGRAMA DE CORTE SOCIAL E PROGRESISTA

17-06-2015
O alcalde de Teo, Rafa Sisto (Son de Teo-Anova) , e a concelleira do PSdeG-PSOE presentaron esta mañá en rolda prensa o acordo de gobernabilidade para o Concello de Teo para os próximos catro anos. Un acordo para un goberno progresista cun programa de corte social que responde ás necesidades básicas e fundamentais da sociedade, segundo explicaron.

CONVÓCASE O PLENO ORGANIZATIVO EN TEO NO QUE SE DESEÑA O GOBERNO PARA ESTES CATRO ANOS

17-06-2015
A corporación teense reúnese este xoves 18 de xuño ás 20:00 horas para celebrar a sesión extraordinaria organizativa. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo , na marxe dereita da portada.

OS COLEXIOS DE TEO AMPLIARÁN O FONDO SOLIDARIO CREADO POLA XUNTA DE GALICIA ASUMINDO A XESTIÓN DOS FONDOS DO BANCO DE LIBROS MUNICIPAL

16-06-2015
Este curso a Xunta de Galicia implantou o programa de fondo solidario de libros de texto para 3º e 5º de Educación Primaria. Iso provoca que o alumnado que recibiu axudas para este curso está obrigado a depositar no propio centro os libros adquiridos mediante esta axuda, o que obriga aos colexios a crear un Banco de libros. A Xunta convoca axudas para a adquisición de libros nos cursos 4º e 6º de Primaria, o que condiciona que eses libros quedarán, unha vez rematado o curso, en poder dos centros.

RAFAEL SISTO, NOVO ALCALDE DE TEO RECIBE O BASTÓN DE MANDO DO CONCELLO DE MANS DE MARTIÑO NORIEGA

13-06-2015
Rafael Sisto é xa o novo acalde de Teo. Esta mañá recibía o bastón de mando do Concello de mans de Martiño Noriega nun dos momentos máis emotivos da sesión. O candidato de Son de Teo-Anova obtivo na votación a maioría absoluta cos votos favorables dos/as sete concelleiros/as do seu grupo e dos dous edís do PSdeG-PSOE, a quen agradeceu expresamente pola confianza e o seu apoio.

CONVÓCASE O PLENO CONSTITUTIVO DA NOVA CORPORACIÓN ESTE SÁBADO 13 ÁS 10:00 HORAS

11-06-2015
A nova corporación de Teo, elixida nas eleccións municipais do 24 de maio, reúnese este sábado 13 de xuño para a súa constitución e elección de alcalde. A sesión está convocada para as 10:00 horas e na mesma o alcalde saínte, Martiño Noriega, entregaralle o bastón de mando ao novo alcalde de Teo.

CELÉBRANSE NA PISCINA MUNICIPAL AS PRIMEIRAS XORNADAS DE DEPORTE NA RÚA

08-06-2015
Este mércores 10 e xoves 11 organízanse as I Xornadas de deporte na rúa dende a piscina municipal climatizada da Ramallosa. Terán inchables acuátidos (con inscrición previa), inchables terreistres e xogos cooperativos e tradicionais para nenos/as. Para adultos/as realizaranse clases abertas na Praza dos encontros de aero-combat, baile zumba, step, crossfit... Estas clases ao aire libre serán para calquera persoa sen inscrición previa.

O CICLO MÚSICA NOS TILOS VOLVE A PROTAGONIZAR A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE XUÑO

03-06-2015
A programación cultural do mes de maio volve ter como protagonista a música con dúas citas xa consolidadas. Dende o Concello organízase o ciclo de concertos Música nos Tilos que oferta actuacións na casa común dos Tilos os venres 5, 19 e 26 de xuño. Por outra banda o venres 12 e sábado 13 celébrase no campo de San Domingo en Calo o festival revival Galicia Woodstock que chega á sexte edición.

AS PISCINAS MUNICIPAIS DOS TILOS E LUOU ABREN A MEDIADOS DO MES DE XUÑO

02-06-2015
As piscinas municipais dos Tilos e Luou, que só funcionan na tempada de verán, abrirán o luns 15 de xuño e estarán abertas ata mediados de setembro. Como en anos anteriores a instalación dos Tilos terá horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16 a 21:00 horas todos os días mentras que a de Luou terá este mesmo horario os sábados, domingos e festivos e de luns a venres só abrirá pola tarde entre as 16:00 e as 21:00 horas.

A CAMPAÑA ANUAL DE DESBROCES DE GABIAS NO CONCELLO AVANZA A BO RITMO

01-06-2015
A campaña de desbroces de gabias que se realiza todos os anos durante o verán comezou a mediados de abril e segundo indican dende Servizos Básicos avanza a bo ritmo. Nos últimos anos vense establecendo un calendario de limpeza nas parroquias polo que se actúa nas gabias nas semanas previas ás festas con máis tradición na zona.