RAFAEL SISTO, NOVO ALCALDE DE TEO RECIBE O BASTÓN DE MANDO DO CONCELLO DE MANS DE MARTIÑO NORIEGA
13-06-2015Rafael Sisto é xa o novo acalde de Teo. Esta mañá recibía o bastón de mando do Concello de mans de Martiño Noriega nun dos momentos máis emotivos da sesión. O candidato de Son de Teo-Anova obtivo na votación a maioría absoluta cos votos favorables dos/as sete concelleiros/as do seu grupo e dos dous edís do PSdeG-PSOE, a quen agradeceu expresamente pola confianza e o seu apoio.