Concello de Teo


Portada | O Concello | Servizos

Compartir:

Servizos

Servizos sociais

O equipo dos servizos sociais de Teo compóñeno
Horario
Comunidade

Subir

Centros de Ensino

Subir

Centros de Saúde

Subir

Policía Local

Horario
De luns a domingo de 8:00 a 22:00 horas.

Actualmente o cadro de persoal está formado por un Oficial e 9 policías.

E-mail: policiaa r r o b aconcellodeteo.com
Tel.: 981 815 700 / 606 984 838

Subir

Arquivo municipal

O Arquivo é un servizo público especializado na xestión, tratamento, custodia e difusión da documentación municipal. Está situado na planta baixa do edificio polivalente de usos culturais e sociais, de par do edificio do Concello, na Ramallosa.

Contacto
Pablo N. Sanmartín López
Arquivo Municipal Concello de Teo
Centro socio - cultural (Baixo)
Rúa da Lagoa, nº 2
A Ramallosa
15883 Teo
Tel.: 981 815 700
Fax: 981 809 401
E-mail: arquivomunicipala r r o b aconcellodeteo.com

O Arquivo

Subir

CIM

O CIM é un servizo gratuíto, individualizado e confidencial, de ámbito municipal, para as mulleres do Concello de Teo. Na oficina traballan unha psicóloga e unha avogada e entre as funcións do CIM destacan: as charlas sobre igualdade, as campañas e as xornadas informativas, a creación e o apoio ás asociacións de mulleres, os fondos bibliográficos, a información e a xestión sobre recursos sociais existentes e específicos para as mulleres, etc.

Especificamente, a atención psicolóxica céntrase na orientación e no apoio psicolóxico ás mulleres, na axuda para a resolución de conflitos e na toma de decisións, na oferta de mecanismos que axuden ás mulleres a desenvolver, afianzar e fortalecer as inquietudes persoais; e na atención personalizada ás vítimas de violencia de xénero.

A asesoría xurídica, pola súa banda, está destinada á información xeral sobre os dereitos das mulleres: civil (separacións, divorcios...), penal (agresións, acoso...), laboral (maternidade, redución de xornada...); e á tramitación e solicitude de xustiza gratuíta, entre outros aspectos.

Horario
Enderezo
Centro de Servizos Sociais, 2º andar.
A Ramallosa s/n, Lucí - Teo
Tel.: 981 809 707
Fax: 981 809 744
E-mail: cima r r o b aconcellodeteo.com

Consulta o blog do CIM de Teo

Subir

SNL

Que ofrecemos?
Formación
Para conseguir o emprego da lingua non se debe esquecer o ámbito da formación, xa que todos os cidadáns e cidadás de Galicia teñen o dereito de recibir formación lingüística para conseguir unha boa capacidade comunicativa. Neste sentido o SNL facilita as seguintes actuacións: Contacto
Roberto Rielo Iglesias, normalizador linguístico
A Ramallosa s/n
15886 Teo
Tel.: 981 815 726
E-mail: politicalinguisticaa r r o b aconcellodeteo.com

Subir

Protección Civil

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Teo fúndase no ano 1996. Os voluntarios que existían nun principio encargábanse das tarefas de coordinación dos obxectores nos respectivos operativos que se facían (distintos eventos sociais, culturais e deportivos). Tamén atendían avisos da central de emerxencias 112 (accidentes de tráfico, xeadas, temporais (caída de árbores, inundacións, etc.).

Desde o ano 2006, a agrupación conta con persoal contratado polo concello, que se vinculou aos servizos básicos de intervención en emerxencias dependentes do concello para realizar as tarefas que procedan. Este paso culminou coa creación, en outubro de 2007, do Servizo Municipal de Protección Civil.

Actualmente, conta con 7 persoas contratadas, membros da agrupación, que se encargan de manter o servizo operativo. Estas persoas coordínanse con outras 18, de carácter voluntario, coas que conta actualmente a agrupación e co que fan un número total de 25 persoas.

Horario
De luns a domingo, de 8:00 a 22:00 horas, en horario ininterrompido.

Contacto
A base da Agrupación está situada na nave municipal de Lucí.
Tel.: 649 80 47 20 / 112
E-mail: proteccioncivila r r o b aconcellodeteo.com

Subir

Medio Ambiente

Horario
Atención ao público de luns a venres de 8:00 a14:00 horas.

Contacto
RSU
A separación en orixe é fundamental para darlle un tratamento específico aos residuos atendendo ás características fisicoquímicas de cada un deles. Así é esencial separar os residuos orgánicos (restos de comida), os residuos inorgánicos (inertes), o vidro e o papel. O resto de residuos domiciliarios -voluminosos, teléfonos móbiles, pilas, aceites usados, roupa, medicamentos, etc.- débense achegar ao Punto Limpo:
Estrada Luou - Ramallosa
Contenerización
As solicitudes de contedores faranse cubrindo unha instancia que se facilitará nas oficinas xerais ou tamén poden descargala na páxina web do concello.

Limpeza de fincas
Calquera reclamación ou queixa en relación á limpeza de fincas farase por escrito, mediante instancia que se facilitará nas oficinas xerais, ou tamén poden descargala na páxina web do concello.

Comunicacións e autorizacións de queimas
Infórmase que a partir do 15 de outubro de 2007 as autorizacións e comunicacións de queima daranse no seguinte número de teléfono:
902 112 000

Recollida de aceites usados

Subir

OMIC

A Oficina de Información ao Consumidor de Teo é un servizo público e de balde para atender, asesorar e informar os/as consumidores/as e usuarios/as dos seus dereitos en materia de consumo.

Segundo o artigo 51 da Constitución española os poderes públicos deben garantir a defensa dos/das consumidores/as e usuarios/as e protexer mediante procedementos eficaces a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos destes/as.

En virtude deste dereito o Parlamento Galego aprobou o Estatuto Galego do Consumidor e do Usuario.

Quen é consumidora ou consumidor?
É consumidor/a ou usuario/a, a persoa física ou xurídica que adquire algunha cousa para o seu consumo ou que utiliza ou goza dalgún tipo de servizo.

Que dereitos teñen os/as consumidores/as e usuarios/as?
No Estatuto Galego do Consumidor e Usuario, así coma na Lei Xeral para a defensa dos/das consumidores/as recoñécense os seguintes dereitos:
Centro de Saúde de Calo

Centro de Saúde de Calo

Biblioteca d'Os Tilos

Biblioteca d'Os Tilos

CEIP da Ramallosa

CEIP da Ramallosa

Punto Limpo

Punto Limpo

© 2008 Concello de Teo. Travesía da Ramallosa, nº 38, 15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña). Teléfono: 981 81 57 00