Concello de Teo


Portada | Actualidade | Novas

Compartir:

Novas

DEPORTES

Aínda estás a tempo de inscribirte no roteiro "Ás beiras do Ulla" do programa Goza do Ulla

11/08/2012

O Departamento de Deportes municipal ultima os preparativos para o roteiro de sendeirismo “Ás beiras do Ulla” que forma parte do programa Goza do Ulla no que participan os dezanove municipios polos que pasa o río cunha actividade por Concello. A xornada de sendeirismo en Teo será o 26 de agosto e calquera persoa interesada pode anotarse ata o día 22 de agosto. A ficha que hai que cubrir para formalizar a inscrición pódese descargar da web ou recoller no Concello.

Esta ficha debe entregarse cuberta no departamento de deportes ou a través do correo electrónico deportes@concellodeteo.com. Para máis información no teléfono 981 815 700. O roteiro organizado dende o Concello de Teo leva por nome “Ás beiras do Ulla”, percorre unha distancia de 9,1 quilómetros e ten dificultade baixa. O punto de encontro para os camiñantes será o campo da festa de Teo sobre as 09:20 horas. Dende alí irase en autobús ata a igrexa de Trobe (Vedra) onde xa comezará a ruta. A xornada terá como protagonista o río Ulla ó seu paso por Teo aínda que tamén se pasará por zonas dos Concellos de Vedra e A Estrada. Durante a andaina visitaranse pontes coma a da Dorna, a ponte Vella de Pontevea, ou a ponte Mariola do Xirimbao. Tamén se pasará pola Burga de Xermeade, a fonte de Agromaior, e o lavadoiro, o pazo e o cruciro de Maíndo. O programa Goza do Ulla é unha iniciativa dos dezanove concellos polos que pasa o río do mesmo nome e pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural do seu territorio. As datas e as características das saídas nas que está aberta a inscrición son as seguintes: 18 de agosto. Vedra. Roteiro de San Xoán da Cova. 11,2 km. 26 de agosto. Teo. As beiras do Ulla. 9,1 km. 2 de setembro. Pontecesures. Ollando o Ulla. 17,5 km. 8 de setembro. Padrón. Desembocadura Sar-Ulla. 10 km. 16 de setembro. Catoira. Roteiro do Río Catoira. 8 km. 22 de setembro. Palas de Rei. Entre ríos. 12,5 km. 29 de setembro. Rianxo. Roteiro dos Campiños. 12 km. 6 de outubro. Valga. O val do Ulla. 20 km. 12 de outubro. Silleda. Roteiro do Baixo Deza. 11,4 km. 14 de outubro. Antas do Ulla. Ulloando polo nacemento. 7 km. 20 de outubro. Dodro. Brañas de Laíño. 11 km. 27 de outubro. Vila de Cruces. Remesquida-Basebe. 14 km. 3 de novembro. Santiso. Penas do Ulla. 12 km. 10 de novembro. Agolada. Roteiro das Torrentes de Mácara. 7 km. 18 de novembro. A Estrada. Roteiro de Ximonde, 13 km. Para participar en calquera destas saídas só hai que anotarse no departamento de deportes do Concello no que vives e dende alí xa se comunican as inscrición ó municipio organizador.

goza do ulla

Ligazóns

+ Novas

© 2008 Concello de Teo. Travesía da Ramallosa, nº 38, 15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña). Teléfono: 981 81 57 00